GMH/ÍNDICE A-Z

150
1324, xaneiro, 16 (Ribela)

dote

Gonzalo Núñez dálle en arras a Tareixa Lourenza, criada do clérigo Xoán Lourenzo de Cambeo, a leira de Savarigos, en Ribela, e 500 mrs.

ACOu, Clérigos do Coro, 131

Eno nomme de deus amen. Sabbean quantos esta carta viren commo eu Gonçalvo Nunes fillo de Garçia Nunes de Ribela que foy, dou e outorgo en pura doaçon et mays conpridamente pode seer dada entre vivos, a vos Tereyja Lourença criada de Iohan Lourenço de Canbeo clerigo et filla de Tereyja Peres de Sobreçedo que he en terra d’Asma, con que entendo a casar, dou vos a dita miña leyra de Savarigos que jaz enna friiguesia de San Jullaao de Ribela segundo esta demarcada con seus castineyros e arvores que en ela estan, a qual parte con outra leyra que he da dita igleia de Sam Jullaao et da outra parte con outra leyra do mosteiro d’Oseyra et en fondo fere en outra que he de Tereyja Ares de Piñor et en çima topa enna herdade do dito mosteiro d’Oseyra. Et mays quinentos mrs. de moeda branca del rey dom Fernando de que contan dez e seys pares de diñeiros por tres mrs. Et estes ditos mrs. vos dou e mando con a dita leyra que de suso dita he et por todos los outros meus beens. Et juro e prometo aa boa fe e sen mao enganno a este sinal de + que tango con miñas maos que nunca contra esta doaçon que de meu prazer faço que nunca contra elo pase eu nen outre por min, et aquel que contra elo quiser pasar aia a yra de deus conpridamente e a miña maldyçon et peyte aa camara del rey mill mrs. et a min ou a miña vos por nomme de penna outros tantos peyte. Et esta doaçon vos por onra de voso corpo, a mays firme e valedeyra que posa seer entre vivos. Et dou vos poder que os posades reçeber por vosa propia outuridade e teer e esfroytar. Et quero, outorgo e que os ditos beens que os ajades e pesuyades vos e vosas voses daqui endeante por vosos livres e quites e desenbargados de min e de toda miña vos, et que non aja poder des aqui en deante sobre los ditos beens e leyra e mrs. que ditos som de fazer vendas nen obligaçoens nihunas por que se e[n]bargue a leyra e paga dos mrs. que sobre ditos som. Esto foy en Ribela enno lugar hu chaman Pousada, dez e seys dias de janeiro, era de mill e trezentos e seseenta e dous annos. Testemunyas que a esto foron presentes Gonçalvo Nunes de Ribela e Migueel morador ena Barra et Fernan Ares escudeiro et Rodrigo Anes da Yrmida que he en terra de Monterroso et Garçia Peres de Lagariños escudeiro e outros.

Et eu Domingo Anes notario jurado de Bubal en lugar de Pero Meomaes notario publico por el rey enna dita terra que a esto foy presente et escripvi esta carta e puje meu nomme e este sinal en test. de verdade semellante do dito notario que he tal.

                                                                                (Sinal)

[reverso]          Carta da herdade de Sabarigos que jaz en Ribela.