GMH/ÍNDICE A-Z

314
1352, maio, 13
cambio

Lopo Rodríguez de Sabadelle e a súa irmá Costanza Rodríguez intercambian senllas viñas.

ACOu, Escrituras X, 23

Enno nome de deus amen. Sabbeam quantos esta carta de canbeo viren que eu Lopo Rodrigues escudeyro morador en terra d’Aguiar dou en canbeo para senpre a vos Costança Rodrigues miña yrmaa et moller de Domingo Afonso, moradeira en Ourense na rua dos Çapateyros, huun piteiro de vina que he de dizemo a deus que eu ey enna freguisia de Sam Martiño de Sabadelle no lugar que chaman a Maçaayra, o qual iaz a sobrela nossa vina da Maçaayra. Douvos o dito piteiro de vina de disemo a deus livre e quite de todo outro enbargo, con entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças asy que vos e vossa voz façades del e em el toda vossa livre voontade et o que vos ende aprouver para senpre daqui endeante. Et para vos e vossa voz seerdes anparados para senpre a dereito con este piteiro de vina que vos dou en canbeo obrigo a vos todos meus beens gaañados e por gaañar. Et eu a dita Costança Rodrigues, presente o dito meu marido, por min e por toda miña voz asy reçebo de vos o dito Loppo Rodrigues o dito piteyro de vina para senpre, et por ende douvos en canbeo polo dito piteiro de vina huna leyra de vina que eu ey enna dita freguisia de Sam Martiño de Sabadelle da qual a vos fazen foro de terça et a qual eu conprey de Ouffemea Peres que foy de Casdalvyte, e douvos a dita leyra de vina en canbeo para senpre polo dito piteiro de vina livre e quite de todo outro enbargo, con entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças, asy que vos e vossa voz façades del e en el toda vossa livre voontade e o que vos aprouver para senpre daqui endeante. Et para vos e vossa voz seerdes anparados para senpre a dereito con a dita leyra de vina que vos dou en canbeo polo dito piteiro de vina obrigo a vos todos meus beens gaañados e por gaañar. Et he posto ontre nos as ditas partes que qual quer de nos ou da nossa parte que contra este canbeo veer en parte ou en todo que peyte aa outra parte que o conprir et aguardar quiser por penna çen mor. de brancos, et a pena pagada ou non que esta carta e cousas sobre ditas e cada huna dellas fiquen firmes para senpre e vallan. Et desto nos as ditas partes rogamos e pidimos a Viçente Suarez notario d’Ourense que fezesse ende duas cartas feytas en huun tenor et posesse en ellas seu nome e signal. Esto foy en Ourense, trese dias do mes de mayo, era de mill e trezentos e noveenta annos. Testemuyas que a esto presentes foron Aras Peres scudeiro e Fernan Yanes de Sam Payo e Pero Eanes morador en Lemos e Rodrigo Peres lavrador morador na rua dos Çapateyros.

Et eu Viçente Suarez notario pobrico da çidade d’Ourense polo bispo e pola igleia desse lugar que a esto presente foy et o escrivy e meu nome e signal aqui puge que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta de Sabadelle de Lopo Rodrigues.