GMH/ÍNDICE A-Z

66
1433, outubro, 19

O convento de San Francisco de Pontevedra afora a Afonso de Moldes e Juan de Moldes, moradores en San Pedro de Campañó, por tempo de súas vidas, tres voces e 29 anos, tódalas hermandades que mandou ó convento Afonso Eanes Quijafo nas freguesias de San Pedro de Campañó, Santa María de Alba e San Vicente de Cerpenzóns.

(ff. 29 v-30)

En XIX dias do mes de oytubre. Sabean todos que nos o doutor frey Fernando de Momferral, gordian do moesteiro de San Françisco da villa de Pontevedra, et frey Gonçalvo Rodrigues et frey Fernando de Nogueira, mestres en Teología et frey Martino Deça, liçençiado, et frey Fernan de Montes, vicario, et frey Afonso de Moraña et frey Alvaro de Valença, bachilleres, et frey Fernando de Salamanca et frey Fernando de de Caldas et frey Gonçalvo de Tui, fraires conventũaas do dito moesterio, que a esto aqui endeante contiudo somos presentes, dentro ẽno capitolo do dito moesteiro por tanjemento de canpãa, segundo que avemos de uso et de costume et que fasemos por nos et por nosos subçesores, aforamos et damos en aforamento a vos Afonso de Moldes, lavrador, morador ena fiigresia de San Pedro de Campañoo que sodes presente, et a vosa moller Tareia Rodrigues en hua meatade deste aforamento adeante contiudo, et a vos, Juan de Moldes, morador ẽna dita fiigresia que eso mesmo sodes presente, et a bosa moller Maria do Ribeiro ẽna outra meatade, a nosa viña do Baao que nos foi mandada por Afonso Eanes Quijado, cuia alma Deus aja, et mas o paaço et lagar da dita viña et mas todas las herdades, casas, casares et plantados et bouças que asi a nos perteesçen et nos foron madadas por lo dito Afonso Eanes enos lugares que disen o Baao et do Catadoiro et mas a leira de nosa bouça que agora por nos traje Fernan Garçia do Cachon et aforamavos a dita viña et herdades et bouças suso scriptas que son suas enas fiigresias de Sam Pedro de Canpanõo et de Santa Maria d´Alva et de San Viçenço de Serpenções, con mays todas las outras herdades et bouças que a nos et ao dito noso moesteiro et convento del perteescan o perteesçer deven de dereito ẽna ditas fiigresias et en cada hũa delas por herança do dito Afonso Eanes Queijado et // por outra qualquer rason que as hi ajamos salvo que (resto da liña en mal estado) o casal de Moldes con suas perteensças que a nos et ao convento do dito moesteiro mandou Afonso Yanes, carpenteiro, et aforamosvos a dita viña et casas et herdades et plantados, a dita viña con seu muro et çerca et tarreo en que esta, as ditas herdades et casas et plantados onde quer que vãaa montes et a fontes, con todas suas entradas et seydas et perteensças et dereituras que lles perteesçen et perteesçer deven de dereito por tenpo da vida de vos os ditos Afonso de Moldes et Juan de Moldes et das ditas vosas molleres et de tres voses a alende o postromeiro de vos et das vosas molleres et por mas a alende das ditas tres voses viinte et nove anos conpridos primeiros segintes, et a primeira vos deve nomear a segunda vos et a segunda vos a terçeira et a terçeira bos quen ha de aver os ditos biinte et nove anos, so tal pleito et condiçon que vos et as ditas vosas molleres et as ditas vozes et o que ouver os ditos viinte et nove anos que lavredes et ben paredes a dita viña de poda et cava et arrenda et rodriga et a esterquedes et muredes et valedes et requireades de todos los outros lavores que ouver mester segundo perteesçe a viña ben lavrada. Et esto mesmo que cubrades as casas dos ditos lugares et as tenades cubertas et restoyradas et devedes lavrar todas las herdades do dito noso moesteiro dos ditos lugares onde quer que foren a lavor et tẽerlas çertas et manifestas et quaes et quantas son et devedes dar a nos et ao convento do dito noso moesteiro en cada un ano en salvo sen desconto algũu o terço do viño que Deus der na dita viña, o disimo a Deus, pago de consũu, mosto aa dorna, et a quarto do pan que Deus der nas ditas herdades, mallado aa eira, et vendimar por nos et coller o dito viño et eso mesmo mallar o dito pan por nos et por noso mandado et procurar de comer et de beber ao que por nos estover ao partir do dito pan et viño et avendo vos de vender ou sopenorar ou trasmutar este dito aforamento a nos et ao convento do dito moesteiro o devedes faser tanto por tanto, querendoo o convento do dito moesteiro, et non o querendo que enton o façades a personas simitaveles de vos que teñan et conpran et pagen esto sobredito, et por esto nos, nen o convento do dito moesteiro nen nosos subçesores, non vos devemos de toller nen tirar este dito aforamento por mas nen por menos nen por el tanto que vos outro de, nen por diser et alegar que ovo et ha en elo engano nen por outra rason algũa, ante devedes et avedes de seer anparados et defensos con elo vos et as ditas vosas molleres et tres vozes et mas o que ouver os ditos viinte et nove anos por los bẽes do dito moesteiro et convento del que vos a elo obligamos. Et nos os ditos Afonso de Moldes et Juan de Moldes, que asi somos presentes et que fasemos por nos et en nome das ditas nosas molleres et vozes et anos susoditos, asi resçebemos et outorgamos ese dito aforamento por las maneiras et condições sobreditas, et prometemos et outorgamos que nos et as ditas nosas molleres et as ditas tres vozes despos nos et a que ouver os ditos viinte et nove anos o tenamos et conprimos et pagemos todo asi segundo suso he scripto, aa boa fe de Deus et sen mao engano, et por nos et por todos nosos bẽes que a elo obligamos et esto todo como dito he, deve de seer conprido et agardado ontre nos as ditas partes por nos et por los ditos nosos bẽes et so pena de dous mill maravedis de boa moeda que peite et page a parte ou partes de nos que o asi non toveren, conpriren et agardaren, et a pena pagada ou non esto como dito he este firme en sua revor. Et desto mandamos faser dous instromentos en hũu tenor que foron outorgados no dito capitolo do dito moesteiro ano, dias, mes sobreditos. Ts, que foron presentes: Rui Martiis Touriño et Juan de Basquiños, cosineiro do dito moesteiro, et frey Martino, fraire da terçeira orden, et outros.