GMH/ÍNDICE A-Z

119
1312, abril, 16. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a García Budello e ao seu pai o casal de Torre da Veiga, en San Xulián da Veiga, por 350 soldos e outras condicións.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 54v.

Era de mil CCC Lª annos et quotum XVI dias de abril [...] porteyro et a Garcia Budello seu fillo [...], por en toda vida d'anbos, o seu casal de Torre de Veyga con todas [...] San Jullao de Veyga, a tal raçon, conven a saber que elles que façan lavrar et parar ben, et façan as casas [...] cada anno a o cabidoo CCCos Lª soldos da moneda blanca del rey don Fernando que ora corre ou a vallia delles, a erça destes [...] et a terça por janeiro, et a terça por mayo, en salvo dentro na villa de Lugo sen outra contenda nehuna. Et a morte do pustremeiro delles leyxarem este casal livre et quito a o cabidoo de Lugo, con todos los boos paramentos que y foren feytos, et leyxaren de provo hun boy et huna vaca boos et huna porca. Et o sobredito Garcia Budello por sy et pollo dito seu fillo assy o outorgou, et prometeu de o comprir, por sy et por todos seus beens. Et demays deu fiador que o comprisse assy: don Johan Beçerra juyz de Lugo, este fiador presente et outorgante.

Testemoyas: don Martin Eanes, archidiacono de Neyra; don Maestre Affonso, archidiacono de Deçon; don Aras Fernandes, chantre de Lugo; don Iohan Eanes, thesoreyro de Lugo; Nuno Martines, Pero Savaschaes, coygos de Lugo, et outros do cabidoo, ts. (+).

Affonso Perez, notario publico de Lugo, de mandado do cabidoo sobredito notuit.