GMH/ÍNDICE A-Z

316
1352, agosto, 20
requirimento e renuncia

Os clérigos do coro requírenlles a Xoán Domínguez, dito Sobriño, e á súa muller, Costanza Iáñez, moradores en Noalla, que labren ben os bens que o reitor da igrexa de Noalla mandara en vida á citada Costanza, e que paguen os foros. A dita Costanza renuncia aos herdamentos en favor dos clérigos do coro, salvo unha cortiña.

ACOu, Clérigos do Coro, 102

Era de mill e tresentos e noveenta annos, viinte dias dagosto. Conuçuda cousa seia a todos que en presença de min Pero Fernandes notario publico d’Ourense pola igleia desse lugar e das tests. adeante escriptas, estando em Ourense enna igleia catadral de Sam Martiño, Johan Affonsso capelam da capela de Santa Ouffemea e Fernan de Pas clerigo procuradores da huniversidade dos clerigos do coro da dita igleia d’Ourense em nomme dos ditos clerigos do coro, diseron e frontaron a Johan Domingues dito Sobriño morador em Noalla e a sua moller Costança Anes que estavan presentes que lavrassem e parasem bem todolos herdamentos de viñas e de terrenos que Gonçalvo Anes reytor que foy da igleia de Sam Salvador de Noalla mandara em seu testamento aa dita Costança Anes enna dita fregrisia de Sam Salvador de Noalla e em Ourense ... seu termio et lles dessem e pagassem os foros e dereitos que os ditos clerigos do (coro) avyam daver pelos ditos herdamentos que o dito Gonçalvo Anes mandara aa dita Costança (Anes) em maneira que os ditos herdamentos ficassem livres e desenbargados e bem parados aos ditos clerigos do coro aa morte da dita Costança Anes segundo que o dito Gonçalvo Anes mandara em seu testamento ou lles leyxassem e dessenbargassem todolos herdamentos e beens que foron do dito Gonçalvo Anes que lle el mandara enno dito seu testamento para elles faserem e conprirem por elles aquelo que o dito Gonçalvo Anes mandara em seu testamento. Et a dita Costança Anes con outorgamento do dito seu marido que estava presente e outorgante respondendo aa dita fronta diseron que elles renunçiavan a todolos herdamentos e arvores e cortiñas e terrenos que lle o dito Gonçalvo Anes mandara em seu testamento, et que os demetia e desenbargava aos ditos clerigos do coro daqui endeante, salvo huna cortiña con suas figueiras e con suas arvores que esta em termio de Noalla, aa qual chaman a cortiña da Igleia, que retiiña para si. Et os ditos clerigos e procuradores diseron que assy os reçebia. Et desto em commo pasou os ditos clerigos e os ditos Johan Domingues e Costança Anes pediron a min notario sobre dito que lles desse ende senllos publicos estromentos. Esto foy em Ourense ennos dias e era sobre ditos. Testemoyas que a esto foron presentes Fernando Anes avogado, Pero Anes da rua Escura, Affonso Anes clerigo do dito coro e Pero de Sobrado escripvan.

Et eu Pero Fernandes notario sobredito que a esto presente foy e en miña presença ho fis escripvyr e meu nome e signal y fiz que tal he.

(sinal)