GMH/ÍNDICE A-Z

485
1395, maio, 16
foro

O cabido afóralles a perpetuidade a Xoán Pedreiro e á súa muller, María Pérez, un lugar, varias herdades, cortiñas e leiras de viña, así como a “casa do forno” en Belesar, por terza e 19 mrs.

ACOu, Escrituras XVII, 3

(Sabea)m quantos esta carta virem commo nos o cabidoo da igleia d’Ourense seendo juntado en noso cabidoo enno coro da dita igleia (... canp)aan tanjuda segundo que avemos de ussu et costume nos juntar a fazer nosso cabidoo con consintimento de Ares Lourenço congo da dita (...) Ourense vigario ennos contrautos do cabidoo por dom Pero Gonçalves de Orosco dayan da dita igleia, et outrosi con consintimento de Iohan Lourenço tenen(te por no)s o nosso couto de Belsar de Mellees. Damos et outorgamos a foro para por senpre a vos Iohan Pedreiro morador enno dito couto (... vo)sa moller Maria Peres et a todas vosas vozes et erdeiros por jur de erdade, conven a saber o noso logar das Partidas, o qual vos (...)des de foro de terça de pam et de viño. Iten mays huna leira de viña que chaman da Salzeda, que parte con outra nossa viña (...) Afonso Domingues et ençima topa enna que ora ten Gonçalvo Boldrom et he de foro de terça. Iten mays outras duas leiras en Canpomanso (...) de foro de medio, as quaes parten de huun cabo ende illarga con a erdade de Oseira. Iten outra leira de quarta que iaz a Pedra do (...) et parte de huna illarga con a erdade de Bobeda. Iten mays a leira do Condado, que he de foro de terça, que parte de huun cabo con a erd(ade ...) Oseira e en çima topa enno camiño. Iten a cortiña do Figeiredo que he de foro de medio con sua viña como está çarrada (...). Iten mays a cortina do allar que he de foro de medio, commo está çarrado sobre si. Iten mays a leira da Abelleira, que he (...) de quarta que parte con a nosa erdade que ten Iohan Domingues et ençima topa enna erdade do Regueiro. Iten a erdade da Lama de Belle que (... erd)ade de Moor Anes, que he de foro terça. Iten vos aforamos mays a casa do forno que está sobre las casas de Gonçalvo Boldron et de Gonçalvo (...)çal. Iten mays a leira de Gondor con seus castineiros, que se lavra de pam, que entesta enna erdade dos escudeiros et poendose de (...) erdades que vos que a poñades de viña et he de foro de terça. Iten mays huna leira de monte que ias enna Abelleira quanto del (...)s poderdes faser pero que a ponades en estes tres annos primeiros que veen dela de viña cavadura de quatro omes, et ella envinada (...)s las erdades segundo que de suso som declaradas, asi de medio commo de terça commo de quarta, asi de pam commo de viño que se tornen (...) en foro para por senpre de foro de terça con a dita leira de monte que asi avedes de fazer de viña. Damos vos a foro as sobre ditas (...)s commo dito he con entradas et saidas et con todos seus dereitos et perteenças por tal condiçom que lavredes et paredes ben as (... er)dades et viñas et casas et ponades o dito monte. Et dedes ende a nos de todas las ditas erdades de pan et de viño et (...)sta a terça parte do que deus en elas der, pam enna ayra et conposta enna viña et viño enno lagar, o qual avedes de coller (... no)so omme ou do que por nos tever o dito nosso couto de Belsar, o qual avedes de proveer de comer et de beber comunalmente en (...) collerdes vossa novidade. Et daredes por dereitura por dia de San Martiño do mes de novenbro por la dita casa et cortinas de (...)ça et por arvores et por las ditas viñas dez et nove moravedis de diñeiros brancos contados dez diñeiros o moravedi ou a estima(çon) delles enna moeda que correr. Et do al que aidades esto que vos asi aforamos commo dito he de dizemo a deus livre et quite de (...) outro enbargo et carrego alguun. Et he posto que se vos ou vossas vozes et erdeiros quiserdes vender, deitar ou supeno(rar) esto que vos asi aforamos commo dito he ou parte delo que primeiramente frontedes con elo a nos o dito cabidoo et nolo dedes por (... j)usto preço que vos outro por elo der, et non o querendo nos por ese preço reçeber enton vendede, deitade ou subpenorade (...) persona que seia semellavel de vos et non mayor, que lavre et pare ben et page o dito pan et viño et conposta et dereitura et cunpla (...) todas las condiçoens desta carta et cada huna delas. Et outrosy he posto que se contenda recreçer ontre nos o dito cabidoo (et) vos o dito Johan Pedreiro et vossa moller et vossas vozes et erdeiros sobre aquesto que vos asi aforamos ou sobre parte delo que se termii (a) dita contenda por dous ommes boos de nos o dito cabidoo tomados a plaser das partes, toda outra appellaçon remota. Outrosi he (posto) que vos nen vosas voses et erdeiros non posades faser manda nen oniversario a outra igleia nen moesteiro nen santuario alguun (...) esto que vos asi aforamos commo dito he sacado a nos o dito cabidoo. Outrosi he posto que vos nen vosas voses et erdeiros non (sei)ades ingratos nen deconosçidos contra nos o dito cabidoo nen contra alguun de nos, et que nos seiades vasalos serventes et obedientes (et) nos non ponades outro señor nen senorio a rostro. Et nos o dito cabidoo obrigamos los beens da nossa mesa para anparar (et) defender a dereito a vos o dito Johan Pedreiro et vosa moller et vossas vozes et erdeiros con esto que vos asi aforamos commo (dito) he. Et eu o dito Iohan Pedreiro que soon presente por min et por la dita miña moller que non he presente et por todas nosas (voz)es et erdeiros asi reçebo de vos o dito cabidoo as sobre ditas cousas aforadas porlas condiçoens que ditas som et obrigo to(dos) meus beens moveles et raizes gaanados et por gaanar para lavrar et parar ben et reparar a dita cassa et herdades et ontre(cha)ntar as ditas viñas et poer de viña a dita leira de monte enno dito tenpo et pagar o dito pan et viño et dereitura commo dito he (et) conprir et agardar todas las cousas et condiçoens que en esta carta son escriptas et contiudas et cada huna delas. Et he posto (...) que qual quer das partes que contra esto pasar et o non conprir et agardar que peite a parte agardante por nome de penna et interese çen (moravedis) de diñeiros brancos, et a dita penna pagada ou non esta carta et todo o en ela contiudo fique firme et valla para por (senpre). Feita foy et outorgada esta carta enno dito logar, dez e seis dias do mes de mayo, anno do naçemento de nosso (se)ñor Jhesu Cristo de mill et tresentos et noventa et çinqo anos. Testemuyas que presentes foron dom Ares Fernandes chantre, Afonso Fernandes (ar)çidiago de Bubal, Gil Rodrigues mestrescola, Fernan Peres abbade da Trindade, Roy Gonçalves thesoureiro, Afonso Fernandes, Bertolameu Peres, Diego (Fernandes), Pero Fernandes, Gonçalvo Anes, Martiño Gestosa, Gonçalvo Martines, Meendo Ares coengos d’Ourense et outros.

Et eu Estevo Peres raçoeiro enna igleia d’Ourense, notario et chanceller da dita igleia et çidade d’Ourense que a este aforamento et a todo o que sobre dito he con as ditas testimuyas presente foy et et esta carta de aforamento escripvi et aqui meu nome et signal puge en testimuyo de verdade rogado et requerido.

(sinal)

Materias

abade; alimentos; apelación; arbitraxe; árbore; arcediago; bieita; branca; camiño; campá; canon foral; casas; castiñeiro; catedral; chanceler; cisterciense; cóengo; comida; coro; couto; deán; décimos; dignidades; diñeiros; eira; escudeiro; esposa; esposo; estivada; familia; fertilizante; festa; fidalgo; forno; froiteira; gran; labores; lagar; leira; linde; marabedí; mesa capitular; mestrescola; montes; mordomo; mosteiro; muller; notario capitular; obrigación; orde de San Bieito; orde do Cister; pan; pena; racioneiro; regato; rendeiro; semente; tenza; tesoureiro; tributos; valado; vasalo; vigairo; viña; viño; xurisdición; cabido

Persoas

Afonso Domínguez; Afonso Fernández, arcediago de Búbal; Afonso Fernández, cóengo de Ourense; Ares Fernández, chantre de Ourense; Bartolomeu Pérez, cóengo de Ourense; Diego Fernández, cóengo de Ourense; Estevo Pérez, racioneiro de Ourense; Fernando Pérez, abade da Trindade de Ourense; Gonzalo Boldrón; Gonzalo Eáns, cóengo de Ourense; Gonzalo Martínez, cóengo de Ourense; Maior Eáns; María Pérez; Martiño Pérez de Xestosa, cóengo de Ourense; Men Ares, cóengo de Ourense; Pedro Fernández de Siabal, cóengo de Ourense; Pedro González de Orozco, deán de Ourense; Roi González de Tapia, tesoureiro de Ourense; Xil Rodríguez de Soutelo, mestrescola de Ourense; Xoán Domínguez; Xoán Lourenzo de Cambeo, crego do coro de Ourense; Xoán Pedreiro; Ares Lourenzo, cóengo de Ourense

Outros

San Miguel de Bóveda, mosteiro; Santa María de Oseira, mosteiro; Santísima Trindade de Ourense, abadía; Ourense, cabido

Lugares

Abelleira; Belesar; Belesar, couto; Bóveda; Búbal. Antiga xurisdición.; Campomanso; Condado; Figeiredo; Gondor; Lama de Belle; Oseira; Ourense; Partidas; Regueiro; Salzeda; Velle