GMH/ÍNDICE A-Z

508
1399, novembro, 20 (Santa Ouxea)
foro

Ares Fernández, chantre e tenente da renda de Santa Ouxea polo cabido, afóralles a perpetuidade a Pedro Iáñez de Omaia e súa muller, Costanza Barreiros, a Gonzalo de Trella, a Fernando González, a Xoán Gómez e a Gonzalo do Laxeiro, unha cortiña en Santa Ouxea, coa condición de plantar viña en catro anos, por quinta.

ACOu, Escrituras XV, 23

Sabean quantos esta carta viren commo eu Ares Fernandes chantre enna igleia d’Ourense e teedor da renda de Santa Ougea que perteensçe ao cabidoo da dita igleia d’Ourense por min e en nomme do dito cabidoo por poder que para elo ey por Françisco Yanes notario d’Ourense por quen esta carta he feyta, dou e outorgo a foro a vos Pero Eanes d’Oomaya e Costança Barreiros e Gonçalvo de Trella e Fernan Gonçalves e Johan Gomes e Gonçalvo do Lageeyro, a cada huun de vos enna sua parte que lle aqaeçer e a todas vossas voses para senpre, conven a saber que vos dou a foro a cortina do Canpo que he do dito cabidoo, que jaz enno dito lugar de Santa Ougea, que perteeçe ao casar que foy de Sancha Moniz con todas suas entradas e seydas, dereitos e perteeças con tal pleito e condiçon que a chantedes de viña en estes quatro annos primeiros siguentes, et non a chantando de viña que percades o chantado por lo por chantar, e que lavredes e paredes ben commo non desfalesca por mingoa de lavor et de boon paramento e que façades dela foro de quinta ao cabidoo ou ao que por el tever a dita renda de Santa Ougea do viño e conposta que deus y der, a conposta na viña e o viño no lagar, o qual avedes de coller por omme do dito cabidoo ou do que tever a dita renda por el, ao qual avedes de proveer de comer e de beber comunalmente en quanto reçeber o quiñon do dito cabidoo. Et seeredes vassallos serventes e obidientes. Et se ouverdes de vender ou deytar ou supinorar ou enallear a dita viña ou parte dela que primeiramente frontedes con ela ao dito cabidoo ou ao teedor que porlo tenpo for da dita renda de Santa Ougea e lles la dedes por lo justo preço que outro por ela der, et non na querendo eles, estonçe que a possades vender ou deytar ou supiñorar a atal pessoa que seja semellable de vos que lavre e pare ben e pague o dito foro e conpra e agarde todas las condiçoens desta carta e cada huna delas. Et outrossy he posto que non ponades nen mandedes por ela manda nen aniverssario nen outro trebuto alguun a igleia nen a mosteiro nen a lugar santo nen de religion ninhuun que seja, salvo ao dito cabidoo se quiserdes. Et \se pleito ou contenda recreçer sobre esto/ obrigo os beens da mesa do dito cabidoo para que vos e todas vosas voses sejades anparados a dereito para senpre con esto que vos assy aforo. Et nos os ditos Pero Anes e Costança Barreiros e Gonçalvo de Trella e Fernan Gonçalves e Johan Gomes et Gonçalvo do Lageeyro, cada huun enna sua parte que lle perteeçe, por nos e por todas nossas voses assy reçebemos de vos o dito chantre en nomme do dito cabidoo a dita cortiña do Canpo a foro para senpre porla maneira e condiçoes sobre ditas et obrigamos todos nossos beens para a chantarmos de viña ennos ditos quatro annos et lavrar e parar ben e pagar o dito foro de quinta e conprir et agardar todas las outras condiçoes desta carta e cada huna delas segundo dito he. Et qual quer de nos as ditas partes que contra elo for ou passar que peyte de penna aa outra parte que o conprir e agardar quiser dusentos mor. da moeda usual e a dita penna pagada ou non esta carta e aforamento fique firme e valla para senpre. Et desto nos as ditas partes mandamos faser duas cartas anbas de huun tenor e que den a cada huna das ditas partes a sua. Feyta a carta enno dito lugar de Santa Ougea, quinta feyra, viinte dias do mes de novenbro, anno do nasçemento do noso señor Jhesu Cristo de mill e tresentos et noveenta e nove annos. Tests. que a esto presentes foron Meend’Ares coego d’Ourense e Johan Brooño dobreiro e Lopo de Sarria omme do dito chantre e Gonçalvo Anes fillo de Domingo Eanes de Santa Ougea que foy, moradores en Ourense e outros.

Et eu Françisco Yanes notario publico da çidade d’Ourense et dos coutos do bispo por lo bispo e por la igleia desse lugar a esto que dito he presente foy e esta carta que ende dey ao dito chantre escrivi et aqui meu nomme e signal puge en test. de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta de Joan Gomes e Fernando Gonçalves e Costança Barreiros e
Gonçalvo do Lageeyro e Pero Anes ...