GMH/ÍNDICE A-Z

71
1310, febreiro, 23
foro

O bispo Rodrigo afóralle a perpetuidade a Ares Fernández de San Cibrao dúas leiras en Rante, coa condición de plantar viña en dous anos, por media do froito.



ACOu, Bispo, 9


Enno nome de deus amen. Sabeam quantos esta carta viren que nos don Rodrigo pela graça de deus bispo d’Ourense, damos e outorgamos a foro para senpre a vos Ares Fernandes de San Çibrao fillo de Maria Martinez e a toda vossa voz duas leiras de terreos que nos avemos en termio de Rante, das quaes a huna iaz ontre o outeiro do Candoon da una parte et as vinas que veen do Gurgullo da outra et ençima entesta nas (...)as e terreo de donna Maior e de Pero Aras et en fondo fer no agro da igleia de Sancto Andre de Rante, et a outra leira iaz en (...)es e correa toda a redor o herdamento de Martin Vasquez e de Joan Peres Siso de Santa Locaya. Damos a vos as leiras sobreditas que as chantedes de vina ata dous annos primeiros que veeren. Que vos e toda vossa voz aiades e pesuyades elas en jur derdade para por senpre et lavredes e paredes elas ben que non desfalescan por mingua de lavor, et dedes a nos e a nossos suçessores bispos d’Ourense a meatade de todo o froyto que deus y der. Et non entredes a coller os froytos delas sen nosso omme. Et vos e vosa voz que (as) ditas leiras pessuyr seiades vassalos do que pelo tenpo for bispo en Ourense assi que nunca contra el chamedes outro señorio sobrelas ditas leiras. Et se vender ou obligar quiserdes as leiras sobreditas ou parte delas que primeiramente vendades ou obligedes ellas ao que pelo tenpo for bispo d’Ourense ante ca a outre porlo iusto preço, et se as el non quiser reçeber enton vendades ou obliguedes elas ao cabidoo d’Ourense ou a cadaun dos do cabidoo, et se as non quiser tomar enton vendades ou obliguedes ellas, pero non a cavaleiro nen a donna nen a escudeiro nen a religiosa pessona nen a omme poderoso nen a servo nen a amo nen (...) alleo, mays a outra pessona que seia semellavil de vos e que conpra ao bispo d’Ourense todalas cousas sobreditas e (...) delas. Outrossi vos nen vossa voz non devedes apoñer anniverssario nen renda sobrelas ditas leiras senon (...) d’Ourense. Et outorgamos anparar vos a dereito con as leiras sobreditas. Et para conprir e aguardar (...) Ares Fernandes sobredito obligo min e todos meus beens guaañados e por guaañar. Feyta a carta (...) xxiii dias de fevereyro, en era de mill e ccc e xlviii annos. Tests. que a esto chamadas (Pero) Martinez dito scudeiro sobriño do bispo, Pero Esteveez e Fernan Miguez seus clerigos, Pero Paz porteiro (...) moradores en Ourense. Regnando en Leon e en Castella (...) tenente Limia Fernan Fernandes.

Et eu Miguel Perez notario por (...) presente foy e en miña presença o fis escrivir (...).

(sinal)

[reverso] do bispo por razon do aforamento d’Ares Fernandes.