GMH/ÍNDICE A-Z

29
1185CA.

Carta de Poboamento de Verín

Fonte: Vázquez Núñez, A., “Traducción gallega hecha en 1366 de la Carta de población otorgada por el Monasterio de Celanova a los que quisieren habitar la villa de Verín, año 1183”, en Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense. Tomo I (1900), pp. 257-258.

En o ano do nacimento do noso señor Jesuchristo mil cento e oytenta tres. Eu Paayo Abbade de Celanova ensembre con todo o Convento dos monjes en ese lugar estantes faço praço e preito ao que se diser publicamente foro a todos los homes que quiseren morar e poboar en a vila de Santa Maria de Verin per tal condiçon que aqueles que y fiseren casa y morada, teñana eles e os que deles sayeren para todo sempre e nó na perca por outro que y sobreveña. E se acaescer que algun ende saya por razon de omicio ou de alguna cousa que elle sofrer non puder e depois quisese tornar que quanto y fecer recobreo assi tanto quanto ante tiña. Mas sy elle de sua propia vontade ende sayr o para vezindade de outro senorio sen outorgamento do Abbade de Celanova fugir, que quer que y tover de casa, carezca do jur da heredade saente como das cousas que aja el consigo per qualquier pleito que ende sayr. Mas dos froitos que y labraren assi de trigo como de outra semente, mandamos que dos agros e das terras rompidas a quarta parte dos seus labores dian ao Mosteiro de Celanova per seu Vigario. Mas das non labradas e non rompidas mandamos que guarden para nos a quinta parte e todo o al que ficer que o ajan. E das viñas mandamos eso mesmo.

Conven a saber daquelas que chantaren nas terras rompidas dia quarta parte ao noso Mosteiro. Mais daquelas que chantaren nas terras por arromper dian tanto quinta e todo al fique para elles. E enas despensas de coller os froitos que quer que y despenderan, despendase do noso e do seu, assi como lo repetimos. Mais das arbores que y chantaren mandamos delles a cresemente delles para sempre por jur dean a quarta parte. Mais das viñas non otorgamos que se faça assi. Aquestas cosas assi acabadas den a nos ou a noso vigario cada ano de cada casa per cada una cabeça das casas criminas un moyo de censo. Mais das criminas que feceren que no seja omecio de grado e sen razon feito, o otrosi rauso ou que pertenezca a criminal voz por cualquier chaga ou crimina fe que entre eles nasca non paguen mais ca cinco soldos, conven a saber duas fragaes e tres tomis, omecio que dereitamente o con razon ou por autoridade ou por razon de concello fór cometido non seja acriminado nen pagado per nenguna manera. Mais se con outra manera ou contra dereito for cometido pague a soma da composicion. Otrossi o rauso en qualquier manera for non fique sen pena e sen composiçon. Otrossi per toda manera petramos composiçon sobre la loytosa e sobre la guayosa. Das labores e das cortiñas conven a saber do froito guardese a quinta parte a nos e a noso Mosteiro e partase co al todo ajano para si. E s’algun deles quiser vender o seu quiñon aquesto e casas, agros, cortiñas o fondro das arbores, mandamos que se non venda a outro sinon a seus vecinos, ou a seus parentes que moraren en esa vila, ou a o Mosteiro de Celanova, eso mesmo mandamos dar a iglesia desa vila como dos outros homes saente o Mayo de cada ano que non demanden al. Otrossi das viñas de lo ano que arrendaren ate los cinco anos non dien cousa, mas ajan o froito entero para si. Otrossi mandamos que o noso Merino que aja da eira e do lagar de cada una casa un quarteiro e un puzal de viño e un mollo de liño.

Este e o traslado de una carta partida per letras que dician assi: Verbo domini celi. A qual carto era do foro de Verin e feita por letra q eu Lorenço Anes notario jurado en terra de Celanova e eno dito Mosteiro pelo Abbade D. Juan Perez vi e aquí trasladey en lenguaje e según q se aquí conten a peticion de Juan Perez monje non ovencal de Mijoos per autoridade de Pero Fernandez, vigairo do dito Mosteiro a qual carta non era rota nen cancelada nen per nenuna maneira sospeita e este traslado conferido co o original puge meu nome e meu sinal en testimonio de verdade. Feito o traslado no dito Mosteiro catorce dias de Mayo. Era de mil trecentos e sesenta e seis anos. Presentes testigos Gil Perez e Estevo Gonzalez y Sancho Garcia monges del dicho Monesterio e outros.