GMH/ÍNDICE A-Z

G-C4
1447( ), decembro, 21
Gonzalo Rodríguez, morador en Bentraces, traspasa ao seu xenro Lopo Formoso e á súa filla Inés Iáñez un anaco de monte e herdade, coa condición de plantaren viña no monte e pagaren o foro de sétima ao bispo. (fols. 3v-4)
Sabean quantos esta carta de traspasaçon viren como eu Gonçalvo Rodrigues, morador en Ventrases, conosco et outorgo que por rason que eu (...) aforado de meu señor o bispo (d’Ouren)se huu pedaço de monte e herdade (...) en Chodin de Çima, de foro de setima, et por quanto vos Lopo Formoso que estades presentes sondes meu jenro et sondes casado con miña filla Eynes Yanes, por ende dou et traspaso en vos o dito Lopo Formoso que sondes presente et en vosa moller Eynes Yanes (moradores)* (...) non he presente, moradores enna dita aldea de Ventrases, et a todas vosas voses para senpre, conben a saber que traspaso en vos huun pedaço de monte e erdade, como parte en viña de vos dito Gonçalvo Rodrigues et da outra parte con viña de Joan de Curbelle e con outra viña de Alvaro de Souto et en viñas que son foreyras do dito señor obispo, et traspaso en vos o dito monte e erdade por taes condiçoens que ponades todo
o dito monte de viña et façades del foro de setima ao dito señor, segundo que eu soon obrigado, et do al traspaso en vos o dito monte e erdade de disemo a deus livre et quite de todo outro etç. et conpriredes mays ao dito señor obispo todaslas outras con (fol. 3v)
diçoens que eu soon obrigado etç., et se (qui)serdes vender, deytar, supi(norar) que primeiramente frontedes ao dito (...) obrigo os beens do dito cabido (...) et logo todo jur, dereito etç. et (...) presente carta vos poño enna (...) etç. Et eu o dito Lopo For(...)go meus beens etç., penna etç. Feita a XXI de desenbro de X(...). Tests. Gomes de Ramuyn clerigo et Gonçalvo (...) Calvos. (fol. 4)