GMH/ÍNDICE A-Z

1017
1427, outubro, 21. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Gonzalo Eanes, á súa muller e a unha voz herdades, casas... en San Sadurniño de Ferreiros, por renda anual de catorce marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 156 r.
   

Ano do naçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et sete anos, viinte et hun dias do mes de outubre. En cabidoo por campaa tangida con outorgamento de Lopo Ferrnandes, coengo, rendeyro dos aniversarios, feseron foro a Gonçalvo Eanes de Vilasante, fillo de Afonso Yanes de Vilasante, morador en Loseyro, et a sua muller, Eynes Ferrnandes, et a outra persoa qual o pustrimeyro deles nomease en vida ou a tempo de seu finamento, de todos los herdamentos et casas et arvores et formaes et bees rayses que Clara Rodrigues, yrmaa de Roy Vasques de Lugo, que foy, tevo en foro dos ditos aniversarios, sub signo de San Sadornino de Ferreiros, os quaes o dito Gonçalvo Eanes por si et por la dita sua muller et persoa obligou seus bees et deles de os teer labrados et en boo paramento, et de dar deles de foro cada ano, a o moordomo dos ditos aniversarios, quatorse moravedis da moneda vella, de des dineiros novees cada moravedi, os quaes moravedis ha de pagar cada ano por dia de San Martino de novembre en salvo en Lugo, et a terçeyra persoa que suçeder en o dito foro ha de viir mostrar a o cabidoo como he persoa del ata triinta dias, et non no comprindo asi que perga o dito foro.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o dito foro: Lopo Afonso, arçidiago de Deçon; Lopo Dias, mestrescola; Rodrigo Afonso, juys; Lopo Ferrnandes, Fernan Peres, Juan Dias, Vaasco Afonso, Afonso Ares, coengos; Afonso Rodrigues, Fernan Rodrigues, Fernando Eanes, raçoeyros da dita iglesia.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por lo senor Obispo dese lugar, a esto como dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta scripvi et aqui puge meu signal [en testemoyo de verdade que tal he] (signo).