GMH/ÍNDICE A-Z

1019
1428, abril, 6. San Martiño dos Condes
Relación de herdades que ten que facer Tareixa Bellota por orde do vigairo, don Xoán Ruíz.

MADRID, AHN, Carp. 1332 H/20, perg. orix., galego, cortesá, 350 x 225 mm.

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et vinte et oyto anos, seys dias do mes de abril.

Este dito dia estando a iglesia de San Martino dos Condes en presença de min notario et testemoyas de iuso escritas pareçeu y presente Tareisa Bellota, morador en a fregissia de San Pedro de Vila Albite, que he en as [...]ygas, et diso que por quanto Rodrigo de Ferreira, et Aldonça Afonso, sua muller, le lian carta d’escomonyon de don Juan Ruys, vigario da iglesia de Lugo por don Fernando, Obispo de Lugo, en a qual carta mandaba su pena d’escomonyon ca dita Tareisa Bellota que mostrase et peegase et metese entre marcos et debigoos a os ditos Rodrigo de Ferreira et Aldonça Afonso en todas las heredades et beens reyses que elles abian et les perteeçia por vos et erençia et soçeson de Costança Rodrigues de Vilar en a fregissia et signo de San Pedro de Villa Albite, et a a dita Tareisa Bellota diso por vertude da dita carta que ven sabia a dita herdade et que a troxera et usara et labrara por suas maaos avia ben quatorçe, ou quinçe anos, ou mais tempo a esta parte por los sobreditos. Item primeiramente o baral et cortina que ias su a quara de Fernan Sueyro, item outro leyro no baral que fere na corredoyra de Sobrado et vay de longo en outro de Lopo da Retorta, item outra leyra de herdade en braço con outra da iglesia, item outra leyra a lageaa de Sobrado et fere de testa en outra leyra do lugar de Sobrado, item outro leyro a o nabal que vay de longo con outra leyra de Ares Afonso, item outra leyra que fere de testa no rigueiro et na da Afonso Eanes, item outra leyra que vay de longo con outra de Garcia Afonso, item outra leyra que ias a as lagas de Coiras et vay de longo com outra da dita Tereisa Bellota, item outra leyra en Coira que vay de longo con outro leyro dos do Paaço, item outra leyra que vay de longo con outra de Aldara Lopes, item outra leyra que fere en o rigueiro et vay de longo con outra dos Varrellas, item outra leira a o sobrado que vay de longo con a beira da maçineira, item outra leira que ias sobre lo quanpo de Sobrado et vay de longo con outra de Rodrigo de Beduns, item outra leira a a ribeira que ias en braçoo con outra de Lopo de Retorta, item outra leira en Sonares que ias de longo con outra dos Varrellas, item outra leyra a as Terças et ias de longo con outra do lugar de Sobrado, item outra leyra a a fonte de Sonaree que vay de longo con outra de Juan Fernandes, item outra leira a Vetaruga que ias de longo con outra de Sobrado, item outra leira a arriba da seara que vai de longo con outra de Sobrado, item outro leiro que vai de longo con outro dos do Paaço, item outra leira na agra do Quastro que ias de longo con outra de Afonso Eanes, item a leira que ias a Pena que ven de longo con outra dos Barrellas, item outra leira que ias Abelleira que baa de longo con outra da iglesia, item outra leira en Lengoeyras que va en braço con outra da iglesia, item outra leira a as Quasas et fere na quasa de Mor Eanes, item outra leira en Sonares aas casas, item a meetade do quasal do Estanquo que se parte con os Gonçalvos, item outra cortina su a quasa de Diego Batella.

Testemoyas que a esto foron presentes et viron leer a dita carta d’escomonyon a dita Tareisa Bellota, et viron declarar a dita Tareisa Bellota as ditas herdades sobreditas: Lopo Peres, clerigo de San Martino dos Condes, et Lopo Peres, seu sobrino, et Pedro Ferrnandes, seu yrmaao, et Afonso Martines de Maçeedo, et outros moradores en San Martino dos Condes, et outros.

Et eu Fernando da Ryba, notario publico en a meyryndade de terra de Narla et San Jurio d’Agoas Santas et Ferreira de Negral por Johan Rodrigues [futyo] notario da jurdyçon de Monterroso por Lopo Sanches de Ulloa, a esto que sobredito he presente foy con as ditas testemoyas, et fis escripvyr et mina presença et meu nome et sygnal aqui fis en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Son viinte et oyto leyras.