Sabian
quantos esta carta viren que nos don Johan
Dominguez prior do moesteyro de Junqueyra
d’Anbia e o convento desse meesmo logar obligamos nos
e os beens do dito moesteyro a dar ao bispo e a igleia
d’Ourense ata dia de Pascoa primeyra que
ven mill mr. de brancos por corregemento das
malfeytorias que Roy Mendez d’Anbia fez
ao bispo e a igleia d’Ourense, e dous cassares
conven a saber un en Godin e outro en Coiledo, e devemolos a
par façer con oyto moyos de pan cada anno,
as duas terças de çenteo e a huna de vereynço,
e suas dereyturas. Et esta obligaçon façemos por que
entendemos que e gran prol e grande onra
de nosso moesteyro, que estava entredyto por raçon de
que britaron o moesteyro e deytaron y o dyto Roy
Mendez por força, e que esto seya firme e non
veña en dulta damosvos ende esta carta seelada con nossos
seelos pendentes en testemonyo de verdade. Era de mill
e ccc e xl e seys anos e sabado ves(pera) de Ramos, seys dias andados
do mes dabril.
(dous
selos pendentes)
[reverso] E se alguun pan destes moios sobreditos
faleçer obligamosnos cada que defaleçerem (por
fazelo) por nos e pelos bees de noso moesteyro.