1351, xaneiro, 12. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles ao mestre Xoán, físico, e á súa muller e a
unha voz o casal de Suylae, en Milleirós, freguesía de Santiago de
Meilán, por 30 marabedís anuais de renda mais a obriga de construír unha
casa, un celeiro e plantar 60 froiteiras.
Sabeam
quantos esta carta virem commo nos, o cabidoo da iglesia de Lugo, con
outorgamento de Johan Ferrnandes, nosso coengo, vigario de don Diego
Ferrnandes, dayan desta iglesia, que esta pressente et outorgante,
estando juntados en nosso cabidoo por canpaa taniuda, segundo que
avemos de usso et de custume, avervamos et afforamos a vos Maestre
Johan, fisico, et a vosa muller, Eynes Lopes, por en todos vossos
dias, et a huna pessoa qual o pustremeyro de vos nomear en vida ou a
tenpo de seu finamento, o noso casal et herdamento de Suylae, que he
en Milleyros, sub signo de Santiago de Meylae, con todas suas
dereyturas et pertenenças, casas et arvores et formaes, a
monte et a fonte, per ut quer que vaan, et que lavredes et façades
lavrar o dito casal et herdamento et que façades ennos formaes
das casas deste casal hun çelleyro et huna casa ben feytos de
paredes et cubertas de loussa, et que chantedes ennas herdades deste
casal sesaenta arvores que prenda et que leven froyto; et que dedes,
cada anno, por renda et foro do dito casal, vos et a dita pessoa que
for nomeada, triinta moravedis, d’oyto soldos o moravedi, desta
moneda del rey don Affonso que ora corre, ou d’outra moeda que
os valla, et que os paguedes cada anno en salvo a o que recadar as
rendas dos aniverssarios, a meatade por dia de Natal, et a outra
meatade por dia de San Johan Bautista, cada anno. Et aquel que lavrar
o dito cassal que seia deffesso et anparado dos foros et peytos
segundo o foren os outros serviçaes da iglesia de Lugo. Et
obligamos et prometemos de vos faser o dito casal de paz. Et que a
dita pessoa que for nomeada que do dia do finamento do pustremeyro de
vos ata hun mes vena reçeber o dito casal et vervo de nos o
dito cabidoo, et que de fiador que o cumpla. Et a tenpo do finamento
desta pessoa que o dito casal con as ditas duas casas feytas fique
livre et quito a nos, o dito cabidoo, et a a sobredita iglesia de
Lugo, con os boos paramentos que foren feytos y. Et damos-vos logo
por esta carta a possison do dito casal.
Et
Meetre Johan que estou presente assi reçebo de vos, o dito
cabidoo, o dito casal et vervo et foro del, et outorgo esto que dito
he por min et por la dita mina muller, et por la pessoa que for
nomeada, et obligo todos meus bees para pagar cada anno os ditos
triinta moravedis et para comprir todo esto que dito he.
Et
demays eu, o dito Mestre Johan, para pagar o ditos triinta moravedis,
cada anno, en meus dias dou-vos por fiador a Lopo Domingues,
thesoreyro da iglesia de Lugo.
Et
eu, o sobredito thesoreyro, estou pressente et outorgante meus bees a
a dita fiadoria / en vida do dito Meestre Johan. Et eu, o dito
Meestre Johan, obligo meus bees para quitar este meu fiador a pas a
pas (sic) et a salvo da dita fiadoria, et ponno convosco o dito
cabidoo que se o dito thesoreyro passar deste mundo ante que eu, que
vos de outro fiador por la dita quantia que a pague, cada anno, commo
dito he en seus dias.
Et
por que esto seia çerto nos, o dito cabidoo et Mestre Johan
rogamos a Affonso Ferrnandes, notario publico del rey en Lugo, que
fezese desto duas cartas en hun tenor, huna que pona no libro de nos,
o dito cabidoo, et a outra que de a vos, o dito Mestre Johan, signada
con seu signal et seellada do seello de nos o dito cabidoo.
Que
foron feytas en Lugo, dose dias de ianeyro, era de mill et treçentos
et oytaenta et nove annos.
Testemoyas:
don Affonso Gomes, arçidiago de de (sic) Deça, et don
Garçia Dias, arçdiago de Sarrea, et don Vaasco
Rodrigues, arçidiago de Deçon, et don Vaasco Dias, iuys
de Lugo; et Iohan Dias, et Iohan Fernandes, et Tomas Gomes, coengos
de Lugo; et Affonso Janeyro, et Fernado Eanes, et Iohan Ferrnandes,
et Affonso Eanes, clerigos do coro, coengos d’aniverssarios, et
Fernando Garçia et Arias Gomes, escudeyro do dayam, ts.
Et
eu Affonso Ferrnandes, notario publico del rey enna çiudade de
Lugo, a esto que dito he con as ditas testemoyas pressente foy et a
rogo das ditas partes escrivi esta carta en este livro do dito
cabidoo et puge aqui meu signal.