GMH/ÍNDICE A-Z

79
1311, abril, 14
compromiso

Álvaro Rodríguez de Cerveira promete defender a igrexa de San Martiño de Ourense, coma sempre fixera a súa liñaxe, e facerse enterrar nela; en caso de non cumprilo, o cabido recibirá os seus dous mellores casais en San Fiz de Celeiros.



ACOu, Escrituras XVI, 39

Sabean quantos esta carta viren que eu Alvar Rodriguez de Çerveyra fillo de Roy Lourenço de Çerveyra, neto de don Pero Paez Mariño, outorgo e prometo que anpare e defenda en quanto meu poder for a egleja de San Martiño d’Ourense e cadahun da dita egleja assy commo a anpararon e defenderon os de meu liñage e commo som teudos de a defender e de a amar, e que estorve en todo seu danno e sua perda cada que poder se lla vir, e que a miña morte u quer que eu moyra que me mande deytar na dita egleja de San Martiño. Et se me en ela non mandar deytar mando que os dous casares dos mellores que eu ey enna friiguesia de San Fiiz de Çeleyros que fiquem livres e quites aa dita ygleja de San Martiño d’Ourense para por senpre. Aynda mando que se me eu y mandar deytar e meus parentes ou outre qual quer me y non quiser trager nen deytar que os ditos casares fiquem para por senpre livres e quites aa dita egleja de San Martiño. Et se me y trouxerem e me y soterraren que os ditos casares fiquem livres e quites a meus herees. E que eu cunpra e aguarde ben todas estas cousas sobre ditas faço juramento corporalmente nos santos avangelios en presença deste notario e das tests. que en fondo desta carta som escriptas. E desto mando a Domingo Eanes Cougill notario por el rey en Ourense que vos de ende una carta con seu nome e con seu sinal. Feyta a carta en Ourense, xiiii dias de abril, era de mill e ccc e xl e ix annos. Tests. que presentes foron Pero Fernandes, Rodrigo Lourenço, Johan Eanes, Affonso Peres capelaens, Gonçalvo Eanes dito Namorado.

Et eu Domingo Cougill notario jurado por el rey en Ourense a esta carta presente fuy e en mya presença a fiz escrivir e aqui poño meu nome e meu sinal que tal é.

Este é o traslado da sobredita carta, signado do signo de Domingo Cougill notario jurado por el rey en Ourense, a qual carta eu Miguel Perez notario d’Ourense vi e lii non rasa nen cançelada nen sospeyta e a trasladey por miña mao de vervo a vervo a petiçon de don Johan Rodriguez maestrescola e vigario de don Gonçalvo Nunes dayam d’Ourense que pedio a min notario en nome do dayam e do cabidoo da egleja d’Ourense que trasladasse a dita carta con meu sinal e en este traslado conçertado con o original puge meu sinal en testimuyo de verdade, xx dias de julio, era de mill e ccclvi annos. Tests. Miguel Dominguez clerigo do coro, Johan Eanes clerigo do maestrescola e Lourenço Martinez seu home.

(sinal)