GMH/ÍNDICE A-Z

756
1376, xuño, 12. Lugo
O bispo de Lugo afóralles a Afonso Martíns e á súa muller e a unha voz unhas leiras en Santiago de Vilar de Ortelle por renda anual da terceira parte do pan e viño, mais un porco, 50 pans brancos e dous netos de viño por servizos. O foreiro dóalle, deseguido, unha leira de viña na mesma freguesía, que lles é aforada tamén por dous canados de viño anuais.
MADRID, AHN, Carp. 1332 E/19, perg. orix., galego, gótica cursiva, 160x310 mm.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos don frey [Pedro Lopes da orden] dos preegadores por la graçia de Deus et da santa iglesia de [Roma, obispo] de Lugo, por fasermos ben et merçee a vos Afonso Martines do Vale [...] damos-vos aforo et avervo para vos et para vossa muller [...] toda vossa vida de anbos, et a huna persoa qual o pustrimeyro de [vos nomear en vida] ou a tempo de seu finamento, et a dita persoa que seia tiuda [de veer] reçeber de nos ou de nossos subçesores este dito foro; as nossas leyras de vinas \a huna/ chamada de Seyme, et outras duas leyras que iasen na cortina chamada de Cas de Faraca; et outra leyra de Font de Minno, et todas las outras herdades et leyras que non avemos a outro aforadas que son para poer de vinas que iasen en monte, que nos avemos enna aldea de Março et en seus termios commo vay topar eno rio do Minno, que he sub signo de Santiago de Vilar d’Oortelle, a a tal condiçon conven a saber que lavredes et paredes ben as ditas leyras de vinnas que estan postas et herdades de pan, et tiredes de monte as que iouveren en el, et ponades de vinas aquelas que foren para vino, et lavredes para pan aquelas que foren de pan, et elas tiradas de monte que a lavredes et paredes ben as ditas herdades et vinas en guisa que se non perçan con mingoa de lavor et de boo paramento et de sarradura et as mantenades en boo estado. Et dedes a nos, o dito sennor obispo, et a nosa iglesia por nosso moordomo a terça parte do pan et do vino, que Deus der ennas ditas herdades, o pan enna ayra et o vino a a bica do lagar, et por serviço hun porco boo sen maliçia cada anno et et (sic) çinquaenta paes brancos et dous quartolloes de vino, et seerdes vasalos serventes et obedientes de nos et de nossa iglesia et de nossos subçesores, et seerdes defesos das monas et peytas, segundo o foren os outros nossos serviçaes de Vilar d’Oortelle. Et eu, o dito Affonso Martines, que presente estou por min et por la dita minna muller et persoa, asy reçebo de vos, o dito sennor obispo, o dito foro et obligo meus bees et seus de o comprirmos et pagarmos en todo, segundo dito he, sub penna de çen maravedis. Et por este ben et merçee que nos vos, o dito sennor obispo, fasedes dou-vos et a vossa iglesia para senpre jamays por iur d’erdade que aiades sen enbargo de nos et \de/ nosa vos, a nosa leyra de vina chamada de Cabo Verbo de Seyme, et iaz cabo d’outra leyra de vina de Fernan de Feolleda, a qual leyra de vinna he cavadura de quatro homes, et ias enna dita fiiglesia. Et nos, o dito sennor obispo, asy reçebemos para nos et para a dita nosa iglesia et por vos fasermos mays ben et merçee damos-vos la logo aforo et verbo para vos et para a dita vossa muller et persoa, a a tal condiçon que a lavredes et paredes ben con as outras sobreditas, et dedes dela, en cada hun anno, a nos et a nosa iglesia dous canados de vino mole do mellor que Deus en ella der, et a finamento da pustrimeyra persoa as ditas leyras de pan et vinno, et esta, que nos destes, han de ficar livres et quitas et desenbargadas et ben lavradas a nos, o dito o dito (sic) sennor obispo, et a nosa iglesia.

Et eu, o dito Afonso Martines, obligo meus bees et da dita minna muller et persoa de vos fasermos de pas a dita leyra et de vos darmos o dito vino dela en cada hun anno, et de non vendermos, nen eallarmos este dito foro a outro algun sen vosa liçençia, ou de vossos subçesores.

Et nos, o dito sennor obispo, asi vos lo outorgamos, et en testemoyo desto mandamosvos dar esta nosa carta seellada con noso seelo en que scrivimos noso nome.

Dada en Lugo, doze dias de iunyo, ano da naçença de noso Salvador Ihesu Christo de mill et CCC LXXVI anos.

Testemoyas: Fernando Afonso de Bea[...], Ares Fernandes, coengo [...].