GMH/ÍNDICE A-Z

1018
1427, decembro, 20. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Afonso Eanes e a dúas voces o lugar e casal de Tremeado na freguesía de San Fiz de Vilapedre, por renda anual de dous moios de centeo e un par de capóns.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 154 r.
   

Sabam quantos esta carta de aforamento viren como nos as persoas coengos, benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia cathedral de Santa Maria da çiudade de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por campaa tangida dentro en o coro da dita iglesia, segundo que avemos de uso et de custume, et de consintimento et outorgamento de Lopo Dias de Freyxo, mestrescola en a dita iglesia de Lugo, et amistrador do mes de desenbre por lo cabidoo da dita iglesia de Lugo en terra de Santa Alla Alta et do couto de Picato, que esta presente et outorgante, damos aforo et avervo a vos Afonso Eanes, fillo de (espacio en branco), et a outras duas persoas depoys de voso finamento, huna qual vos nomeardes et a outra qual nomear aquela persoa que por vos for nomeada, o noso lugar et casal de Tremeado, que he sub signo de San Fiis de Vilapedre, que perteesçe a nos et anda con a dita amistraçon do mes de desenbre, o qual dito lugar et casal de Tremeado vos damos et aforamos con todas suas herdades, casas et arvores et formaes et montes et prados et pascos et dereyturas et pertenenças, segundo pertenesçen a o dito lugar et casal de Tremeado, a a tal pleito et condiçon que vos et as ditas persoas tenades labradas et ben reparadas as herdades do dito lugar et casal, et as casas feytas et cubertas et em boo paramento; et dedes et paguedes delas de foro en cada hun ano a o dito mestrescola, Lopo Dias, ou a aquel que for amistrador da dita amistraçon, dous moyos de çenteo por teega dereyta de Sarrea, linpo de poo et de palla, dentro en o dito lugar de Tremeado desde Santa Maria d’agosto ata Santa Maria de setenbre, et hun par de capoes de cada ano. Et outrosi con condiçon que cada huna das persoas que foren nomeadas et ficar por persoa do dito foro depoys da morte de vos, o dito Afonso Eanes, seia tiuda et obligada de viir reçeber o dito foro do dito cabidoo, et mostrar et presentar en o dito cabidoo como he persoa et foreyro do dito foro do dia que ela for persoa del ata trinta dias primeyros seguentes, et non no comprindo asi que por ende perga o foro do dito casal et lugar et non posa del gozar.

Et eu, o dito Afonso Eanes, que presente estou asi reçebo o dito foro de suso declarado de vos, o dito cabidoo, por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus bees et das ditas persoas de o comprirmos et pagarmos et atendermos segundo et en a maneyra que dita he. Et nos as persoas, coengos et benefiçiados do dito cabidoo asi vos lo outorgamos, et que esto seia çerto rogamos et mandamos a o notario iuso scripto que fesese delo duas cartas de foro anbas feytas en hun tenor huna para vos, o dito Afonso Eanes, et vosas persoas et a outra que a lançase en o libro do dito cabidoo, et as signase de seu signal, et por mayor firmidue mandamos seelar a carta de vos, o dito Afonso Eanes, con o seello do dito cabidoo.

Que foy feyto et outorgado dentro en o coro da dita iglesia de Lugo, viinte dias do mes de desembre, ano do naçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et sete anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: don Afonso Lopes, chantre de Lugo; Lopo Dias, mestrescola; Rodrigo Afonso, juys; Lopo Ferrnandes, Fernando Peres, Afonso da Bayla; Afonso Rodrigues, Joan Dias, Nuno Gonçalves, coengos; Afonso Rodrigues, Fernando Rodrigues, Fernando Eanes, raçoeyros, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por lo senor Obispo dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente fuy et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).
Pedro Ferrnandes, notario.