GMH/ÍNDICE A-Z

911
1412, setembro, 1 xoves. Soñar

Roi Martínez nomea a Lopo Díaz sucesor no foro que lle outorgara o bispo de Lugo das herdades de San Pedro de Soñar.

MADRID, AHN, Carp. 1332 G/22, perg. orix., galego, cortesá, 307 x 210 mm.

   

Sabean quantos esta carta viren como eu Roy Martines de Santa Ougea, fillo de Fernan Peres de Sonar que foy et de Costança Sanches, por esta presente carta outorgo et confeso que faço et leyxo et nomeo por persoa depus mina morte a vos, Lopo Dias de Goyoso, dos meus casares et erdades que eu teno en foro do bispo et iglesia de Lugo, conven a saber que jazen en a fiiglesia de Sonar, sub o signo de San Pedro, et con os tres quartos do senorio do couto de Sonar, segundo se conten en o contrauto de foro, que eu teno, de que vos asy nomeo et faso persoa depus mina morte; et morrendo eu, o dito Roy Martines, ante que vos, o dito Lopo Dias, que vos fique o dito foro, segundo que o eu teno, et que seiades persoa del et dy endeante que a voso finamento ou en vida que posades nomear persoa et persoas en o dito foro segundo que eu poderia; et morrendo vos, o dito Lopo Diaz, ante que eu, o dito Roy Martines, logo eu nomeo et leyxo por persoa do dito foro depus mina morte a Pedro Ferrnandes, fillo de vos, o dito Lopo Dias, a o qual eso meesmo dou meu poder comprido para que depus mina morte aia et leve o dito foro et faça del persoa et persoas segundo que ey o poder para elo; do qual dito foro vos nomeo et leixo por persoas, segundo dito he, con tal condiçon que paguedes a penson et çenso et renda que eu ey de pagar, et que atendades et cumplades as condiçoes que eu ey de conplir en o dito foro, et con tal condiçon que vos, o dito Lopo Dias, que me aiudedes et onrredes en todas las cousas que me feseren mester et a mina onrra copliren; et demays con tal condiçon que recresçendome a min pleito et contenda sobrelo dito foro que vos, o dito Lopo Dias, que tomedes o dito pleito et que o fagades et defendades por vosa custa. Et por esta presente carta vos entrego logo o contrauto do dito foro, que eu teno, dos ditos casares et erdades et senorio do dito couto segundo se conten en o dito foro, et asy vos entrego logo en os ditos casares et erdades et senorio et en o jur et posison deles segundo que os eu teno en o dito foro et os uso ata aqui non enbargante renda que me deles teedes feyta por mina vida. Et se por ventura eu, o dito Roy Martines, ussar de aqui endeante dos froytos et rendas dos ditos casares et senorio do dito couto confeso et outorgo que os uso por vos et en voso nome precario.

Et eu, o dito Lopo Dias, que presente estou asi reçebo o dito foro et nomeaçon de vos, o dito Roy Martiis, por min et por lo dito meu fillo con as condiçoes sobreditas et con cada huna delas, et prometo de vos aiudar et onrrar et de faser por vos todas las cousas que a vosa onrra conprirem que eu poder asi como por min meesmo, et de atender et comprir todas las outras condiçoes et cada huna delas aqui declaradas. Et eu, o dito Roy Martines, asy vos lo outorgo et prometo a a boa de Deus et sen maao engano de non yr nen pasar contra esta condiçon et nomeaçon que de vos faço por persoa et do dito voso fillo dos ditos casares et erdades et senorio do dito couto por min, nen por outro, en juyso nen fora del non me errando vos, o dito Lopo Dias, et atendendome esto que me prometedes, et se o tentar de faser, o que Deus non queyra, mando que non seia sobrelo oydo en juyso nen fora del, et eu para elo renunçio todos los dereitos canonicos et çiviis, usos et custumes, escriptos et non escriptos, que por min ia podese aver et seian en meu favor para contra esto yr nen pasar, et espeçialmente a ley que dis que renunçiaçion geeral non valla, et a ley do engano, et todas las outras leys et foros que en favor de min seian feytos. Et eu, o dito Lopo Dias, asi o outorgo et reçebo.

Et porque seia çerto eu, o dito Roy Martines, roguey a o notario juso escripto que faça deste hun publico instromento, dous ou mays quantos compriren os mays firmes que se en dereito poderen faser signados con seu signo.

Que foy feyto et outorgado en a dita aldea de Sonar, joves, primeiro dia do mes de setembre, ano do naçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et dose anos.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Rodrigues, clerigo de San Pedro de Sonar; et Aras de Cabanas, et Afonso de Sonar, omes do dito Lopo Dias; et Fernan de Lama, morador en Santa Ougea; et Alvaro Correiro, morador en Lugo, et outros.
Et eu Diego Meendez, escripvan de noso senor el Rey et seu notario publico en a sua Corte et en todos seus Reygnos, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente fuy et por mandado et a rogo do dito Roy Martines este publico instrumento escripvi et puge en el meu nome et signo en testemoyo de verdade. (signo)