Otubre
-101-
Poder.
Ẽnos paaços de Rriãjo, dous djas de otubre, ano4 dito de LVIJ. Como4 eu, María / Falcoa, moller de Johán de Lema de Noya, outorgo e coñosco que dou meu poder cõprido / bastante a Johán Mariño, fillo d'Ares Lopes de Goyãas, meu cunado, para que por / mj e en meu nome4 e para mj posa rreçeber, rrecabdar e demãdar de Costança / Lopes, moller de Fernán Barbeyro, moradora que soýa ser en Noya, qualque(e)r prata / e rroupa e diñeyros e outras cousas que me ela deua e seja obligada, en espi/çial hũa gargantada de doas de prata que vale336 fasta DCC morauidís vellos e / hũu colchón que lle eu prestey e se me foy cõ elo; e para dar carta ou cartas / de pago, et çétera, e para jnjuysiar e faser e deser e rrasonar e demãdar e procurar / e tódoslos abtos e rrequirimẽtos e pedimentos e afrõtas e protestaçós e / tódaslas outras cousas que eu faría e faser podría en jujso e fóra del, / presente seẽdo. E quanto cõprido poder eu ey outro tal dou e outorgo ao dito / Johán Mariño, et çétera337. Obligó4 seus bees de aver por firme, et çétera338; poder bastante. / Testigos: Rroý Mariño, o Moço, escudeyro, e Ferrnando de Baleyrõ e Pedro d'Aluar, criados / de Sueyro Gomes.//
_________
4. Leva un trazo sobre a palabra.
336. Hai un r riscado ó final da palabra e un trazo sobre do e.
337. Despois está riscado outorgou.