100 
    
 
    1418, outubro, 31. 
    O Concello ordena se pague a Martín Serpe 212 maravedís.     
    
 
    Dia lus, triinta e hũu dias d’oytubro, Martin Galos e Juan Aras da Caña, alcalles, e Fernan Gonçales e Afonso Fernandes Abril e Gomes Rodriges, omes bõos, mandaron a Alvaro Viçoso, que estava presente, que dos tres mill moravedis que recabdava por lo Conçello dese a Martin Serpe dusentos e doze //      
    (Fol. 52) 
    moravedis, branqua en çinquo dineiros que lle foron librados enno Conçello da dita çidade por Fernan Peres d’Oviedo, recabdador enno arçobispado de Santiago por Diego Fernandes de Leon este anno que o dito {conçello devya} dos moravedis dos marquos do noso señor e el rey deste dito anno e que reçebese a carta do dito Fernan Gonçales. Testemoyas: Martin das Figeiras e Pero Leiteiro, et Pero Eanes Abraldes.