GMH/ÍNDICE A-Z

923
1416, xaneiro, 8. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Xoán Afonso, á súa muller e a unha voz herdades e bens raíces no lugar de Lodeiro, freguesía de Santo Estevo de Benade, por renda anual de dez marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 115 v.; Libros, Libs. 6289 e 6332 con referencia ó Lib. A, f. 115.


       

Sabeam todos como nos as persoas, coengos, benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo, seendo juntados en noso cabidoo por campaa tangida dentro en o coro da dita iglesia, segundo avemos de uso et de custume, avendo primeyramente consello et deliberaçon et con outorgamento de Lopo Ferrnandes, coengo en a dita iglesia de Lugo, et rendeyro prinçipal dos aniversarios dela, que esta presente et outorgante, damos aforo et avervo a vos Johan Afonso de Lodeyro, morador en a fiigresia de Santo Estevoo de Benade, et a vosa muller et a outra persoa qual o pustrimeyro de vos nomear em vida ou a tempo de seu finamento, as herdades et bees rayses que os ditos aniversarios an en o dito lugar de Lodeyro, segundo que as vos, o dito Johan Afonso de Lodeyro, agora teedes et tragedes a jur et a mao, os quaes vos aforamos con todas suas entradas et seydas et jures et dereyturas et pertenenças, a montes et a fontes, onde quer que elas vaan sub signo de Santo Estevoo de Benade, a a tal pleyto et condiçon que vos lavredes et paredes ben as ditas herdades, et tiredes de monte, se en el iouveren, onde tiraren os outros da dita fiigresia; et dedes et paguedes de foro et penson en cada hun ano a o dito Lopo Ferrnandes, coengo, ou a aquel que for moordomo et rendeyro dos ditos aniversarios por la dita iglesia de Lugo, des moravedis de moneda vella et de longos en cada hun ano, et que os paguedes en salvo en a çiudade de Lugo por dia de San Martino, et a finamento da pustrimeyra persoa que suçeder en o dito foro que as ditas herdades fiquen lavradas et ben reparadas a a dita iglesia de Lugo et a os ditos aniversarios, cuias son, con todos los boos paramentos que en elas foren feytos.

Et eu, o dito Johan de Lodeyro, que presente estou por min et por la dita mina muller et persoa que suçeder en o dito foro asy reçebo o dito foro que me vos, o dito cabidoo et persoas del, fasedes et outorgades das ditas herdades, et obligo meus bees et seus de o comprirmos, pagarmos et atendermos segundo et en a maneyra que dita he. Et nos o dito cabidoo asy vos lo outorgamos. Et porque todo esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario juso scripto que fesese desto duas cartas de foro anbas feytas en hun tenor, et as signase de seu signal, huna para nos o dito cabidoo, et outra para vos o dito Johan de Lodeyro et vosa muller et persoa.

Feyto et outorgado foy todo esto en a çiudade de Lugo dentro en o coro da dita iglesia de Santa Maria do dito lugar, oyto dias do mes de janeyro, ano do naçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et dez et seys anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron esto que sobredito he: don Afonso Aras das Cortinas, arçidiago de Deçon; et don Diego Alvares, arçidiago de Neyra; et don Rodrigo Afonso, juyz; Roy Lopes, Lopo Ferrnandes, Fernando Rodrigues, Johan Lopes, Afonso Teyxeyro, coengos; Afonso Ares, Pedro Ferrnandes, raçoeyros; Fernan das Cortinas, Gomes Alvares, Rodrigo Afonso, coengos d’aniversario, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et este publico instromento scripvi et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).