GMH/ÍNDICE A-Z

713
1371, xaneiro, 24. San Fiz
O conde don Fernando de Castro confirma a doazón do couto de Vilar de Ortelle, que outorgara a Xoán Fernández, en favor agora da súa filla e herdeira, dona Sancha de Bolaño, prioresa do mosteiro de Santa María a Nova.
MADRID, AHN, Carp. 1332 F/18, perg. orix., galego, gótica cursiva, 234x176 mm.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu o conde don Fernan [...] de Castro por faser ben et merçee a vos donna Sancha de Bolanno, priora do moesteyro de Santa Maria a Nova da orden dos preegadores da çibdade de Lugo, outorgo et confirmo a doaçon et merçee que figee do couto et lugar de Villar d’Oortelle, que he en terra de Lemos, a Iohan Ferrnandes de [...] cavalleyro, padre de vos a dita priora, que foy, et porque vos herdastes et subçedestes enna heranza do dito couto et lugar de Villar d’Oortelle, que perteesçia a o dito voso padre por la dita doaçon que lle del fige, et por que soo çerto et me foy mostrado que destes o dito couto para faserdes obra de piadade a o dito moesteyro et o herdastes en el, et a min pras de faserdes del tan santa obra, por ende quero et mando que o aia o dito moesteyro por herdade para senpre, et as prioras vossas subçessoras et convento del, et que o possan trocar et concanbear et faser del qualquer contracto que, a vos et a o dito convento do dito moesteyro prouver et for vossa prol, commo de vosa cousas propria. Et se alguna concambea ou contrato en alguna maneyra del, ou de parte del, avedes feyto et outorgado a qualquer lugar ou persoa ou persoas, outorgoo et conffirmoo et mando que valla para senpre, et deffendo firmemente que algun nen alguuns non seian ousados de yr nen passar contra a dita doaçon et merçee que eu do dito couto fige a o dito Johan Ferrnandes, et conffirmaçon et outorgaçon que faço do dito donadio a vos, a dita priora, et a o dito voso moesteyro a quen perteeçe por la rason sobredita. Et a quen quer que passou ou passar de noso outorgamento commo dito he nen volo enbargar nen contrariar et qualquer que o feser aia a yra de Deus et a minna, et perga et pague a min et a minna vos por penna mill maravedis da moneda usual, et a vos a dita priora et a o dito voso moesteyro, ou a quen quer que o dito couto pasar por rason de [...] del feserdes, todo o dampno dobrado que se vos por esta rason siguise. Et rogo et mando a qualquer meryno [et iustiçia a quen esta] carta for mostrada, ou ho trasllado della signado de notario publico, que vos anpare et deffenda con o dito couto et sennorio [....] foros et dereyturas del. Et demays se alguna carta ou alvala ey dado ante desta carta, ou der d’aqui endenate en contrario, [...] mando que non valla nen seia comprido, et valla esta carta et seia gardada et comprida en todo o que se en ella conten. Et porque seia çerto et firme mandeya seelar de meu seelo colgado et firmey de meu nome.

Dada en San Fiis de [...] termino da çibdade de Lugo, viinte et quatro dias de ianeyro, era de mill et quatroçentos et nove anos.