GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

460
1392, marzo, 14
foro

Costanza Iáñez afóralles a perpetuidade a Xoán Pérez de Santomé e á súa muller, Inés Estévez, unha viña en Bouza de Ramiro por 3 libras.

ACOu, Clérigos do Coro, 84

Sabeam quantos esta carta viren que eu Costança Yanes moller que foy de Roy Fernandes notario, moradeyra em Ourense enna rua dos Çapateiros, dou et outorgo a foro a vos Johan Peres de Santome et a vossa moller Eynes Estevees et a todas vossas vozes para senpre, conven a saber huun leyro de viña que he de disemo a deus, que jaz en Bouço de Ramyro, o qual leyro parte et demarca danbalas yllargas con outros dous leiros de viñas que agora ten et lavra Roy do Pe clerigo do coro da igleia d’Ourense que son da sua capela de Sam Migeel. Aforovos o dito leyro de viña con todas suas entradas e seydas e dereitos et perteenças por tal pleito e su tal condiçon que vos et vossa vos que o lavredes et paredes ben en tal maneira commo non desffalesca por mingoa de lavor et de boon paramento et que me dedes vos et todas vosas vozes a min et a toda miña vos en pas e en salvo de foro cada anno tres libras de dineiros brancos de des dineiros cada mor. ou a estimaçon delles en outra moeda qual correr et por este foro aiades o dito leyro de viña livre e quite de todo outro enbargo et encarrego alguun, et he posto que se vos ou vossa vos quiserdes vender o dito piteiro que primeiramente frontedes con el a min ou a miña vos et nos seia dado por lo justo preço que outro por el quiser dar ante ca a outro alguun et non o querendo ou non o podendo aver que enton o vendades, deitedes ou supinoredes a tal pessoa que seia semellavil de vos que lavre et page et cunpla et agarde as condiçoens desta carta e cada hua delas segundo que vos sodes tiiudos e obrigados. Et obrigo todos meus beens movilis e rayses para vos anparar e defender senpre a dereito con o dito leyro de viña. Et nos os ditos Johan Peres et Eynes Estevees que somos presentes asy reçebemos de vos a dita Costança Anes o dito leiro de viña aforado pela maneira e condiçoens sobre ditas et para o lavrar e parar ben et para vos pagar de cada anno as ditas tres libras de diñeiros brancos obrigamos vos todos nosos beens gaañados et por gaañar. Posto foy e outorgado entre as ditas partes que a parte que contra esto quiser pasar que peyte aa outra parte que o conprir et agordar quiser por nomme de penna çen mor. de diñeiros brancos et a dita penna pagada ou non esta carta et aforamento fique firme et valla para senpre. Feyta a carta en Ourense, quatorse dias do mes de março, era da naçença de noso señor Ihesu Cristo de mill e tresentos e noveenta e dous annos. Testemunyas que a esto foron presentes Gomez do Açor et Johan Engrés armeyro et Afonsso Yanes home do dito Johan Peres.

Et eu Ares Yanes de Canedo notario publico da çidade d’Ourense et dos coutos et senoryo da dita igleia polo bispo et igleia desse lugar a esto presente foy con as ditas testemunyas e esta carta escripvy e meu nomme e signal aqui fis que tal he en testemunyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Carta de hun leyro de viña que jaz en Bouço Ramiro.