GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

987
1422, xullo, 23. Lugo

Don Xoán Ruíz, vigairo xeral no bispado de Lugo, afóralles a Rui de Mazoi, á súa muller e a unha voz o lugar e casal da Carreira en Benade, por renda anual de catro fanegas de pan.

MADRID, AHN, Carp. 1332 H/11, perg. orix., galego, cortesá, 270 x 155 mm.
       

Sabeam quantos esta carta viren como eu don Johan Ruys, bachiller en decretos, arçediano de Grado en a iglesia d’Ovedo, vigario geeral en o spiritual et temporal en a iglesia et obispado de Lugo por lo moyto onrrado padre et senor don Fernando por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo, por rason que o casal et lugar chamado da Carreira, que he en a terraria de Benade que he do dito senor Obispo, o qual esta agora en ermo et silvar et as casas del derribadas, et as erdades por labrar et en canpo, et eu non acho quen mo queyra labrar nen arrendar, nen ven del serviço nin proveyto a o dito senor Obispo, por ende eu, o dito vicario et provisor, veendo et entendendo que he serviço et proveyto do dito senor Obispo et de seus suçesores et por acreçentar en suas rendas et porque se o dito lugar et casal non vaa a ermo et a monte, dou aforo et avervo a vos Rui de Masoy, fillo de Rui Peres de Masoe, et a vosa muller, Eynes Afonso, et a outra persoa qual o postremeiro de vos nomear en vida ou a tenpo do seu finamento, et non seendo nomeada que seia aquela persoa que de dereito erdar vosos bees, o dito lugar et casal do dito senor Obispo con todas suas herdades et casas et arvores et formaes et montes et prados et pascos et terminos et senorio del, a montes et a fontes, per ut quer que vaa et lle a el perteescan en qualquer maneira et sub quaesquer signos, a tal pleito et condiçon que vos, o dito Rui de Masoe, et vosa muller et persoa, que suçeder en o dito foro, que labredes ben as herdades do dito lugar et casal et as tiredes de monte en que agora iasen as que foron labradas et perteesçen a o dito lugar, et das outras que tiredes de monte onde tiraren os outros que seia sen maliçia, et façades et reparedes ben as casas do dito lugar et as dedes feitas et cubertas de pedra et loussa d’aqui ata dous anos primeiros seguentes; et dedes de foro cada un ano do dito lugar vos et a dita vosa muller et persoa, que suçeder en o dito foro, quatro fanegas de pan por teega dereita da dita terraria dentro en o dito lugar en pas et en salvo, a o dito senor Obispo et a seus suçesores, desde Santa Maria d’agosto ata Santa Maria de setembro, segundo que se pagaren os outros foros do dito senor Obispo, et seiades vasallo servente et obediente do dito senor Obispo, et que seiades exsento et defeso segundo que foron os outros logares et casares do dito senor Obispo.

Et eu, o dito Rui de Masoe, que presente estou por min et por la dita mina muller et persoa asi reçevo o dito foro de vos, o dito provisor et vicario, et obligo a min et a todos meus bees et da dita mina muller et persoa para pagarmos a dita renda et foro cada ano et comprirmos todo o contiudo en esta carta. Et eu, o dito vigario et provisor, asi vos lo outorgo. Et non fasendo as ditas casas en os ditos dous anos, ou non pagando o dito foro, que por ese meesmo feyto pergades o dito foro do dito lugar. Et eu o dito Rui de Masoe asi o outorgo. Et porque seia çerto eu, o dito vicario, mandeyvos delo dar esta carta de foro firmada de meu nome et seellada de meu seello, et por mayor firmidoe mandey a o notario iuso scripto que a signase do seu signo.

Feyta et outorgada en a çibdade de Lugo, viinte et tres dias do mes de jullio, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et dous anos.

Testemoyas que foron presentes: don Rodrigo Afonso, juys de Lugo; Lopo Dias, mestrescola; et Johan de Laredo, et Lopo, criados do dito vigario.
Jo. archidiaconus lucensis, vicarius.

Et eu Vaasco Rodrigues de Costante, clerigo do obispado de Lugo, notario publico por la autoridade apostolical, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de foro por mandado do dito vicario scripvi, et aqui puge meu nome et signal en testemoyo de verdade que tal he.