GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

506
1399, xullo, 21
foro

O cabido afóralles a perpetuidade a Afonso González e á súa muller, María Afonso, moradores en Gustei, tres piteiros de herdade e monte e dous pardiñeiros, con condición de poñer viña no monte en catro anos, por quinta de froito e 2 mrs.

ACOu, Escrituras VI, 6



Sabean quantos esta carta viren commo nos o cabidoo da igleia d’Ourense seendo juntado en noso cabidoo enno coro da dita igleia por canpaan tanjuda segundo que avemos de huso et de custume de nos juntar a faser noso cabidoo + et outrosy presente y Diego Fernandes coengo enna dita igleia, tenente por nos o noso couto de Gostey, damos e outorgamos, afforamos a vos Afonso Gonçalves morador en Gostey que sodes presente et a vosa moller Maria Afonso que he presente et a todas vosas vozes para senpre, conben a saber esto que vos aforamos, tres piteiros de herdade e de monte que jasen enno lugar que chaman o Couso, que seeran ata cavadura de quatro omes, dos quaes ho hun delles demarca de huna parte con outro leyro de Gonçalvo Esteves que ten Johan Borraio que he do dito cabidoo et do outro cabo parte con outro leyro de Afonso Gonçalves de Cabo de Vila. Et outro leyro jaz enno fondo da leyra de Gonçalvo Esteves que lavra este Joan Borraio, et entesta enno camiño que vay de Gostey para Ribela. Et ho outro leyro jas en çima desta dita leyra que lavra este dito Johan Borraio, et en çima entesta enno dito camiño que vay para Ribela, o qual jaz ante as portas dos paredeiros do Couso. Iten vos aforamos mays con esto que dito he dous paredeiros dos que estan enno dito lugar do Couso, os quaes estan anbos juntos en çima do dito lugar do Couso. Damos vos a foro os ditos tres leiros de herdade e os ditos dous paredeiros con todas suas entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças por tal pleito e condiçon que ponades de viña os ditos tres leyros de herdade e de monte en estes primeiros quatro annos que veen. Et outrosy que cubrades os ditos dous paredeiros en estes ditos primeiros quatro annos, et os ditos piteyros de herdade asy postos de viña et os ditos paredeiros asy cubertos que os mantenades en seu revor en tal maneira que non desfalescan con mingoa de lavor et de boon paramento, et dedes ende a nos o dito cabidoo ou ao que por nos tever o dito couto a quinta parte do viño e da conposta que deus y der, a conposta enna viña e o viño branco enno lagar, a qual novidade que vos deus y der avedes a coller por nosso mayordomo ou do que por nos tever o dito couto, ao qual avedes a proveer de comer et de beber cumunalmente segundo custume do dito couto en mentre a novidade das ditas viñas collerdes. Et outrosi daredes mays de dereytura por los ditos dous paredeiros en cada hun anno en salvo por dia de San Martiño do mes de novenbro dous mrs. de diñeiros brancos contando des diñeiros por hun moravedi ou a estimaçon deles enna moeda que correr. Et do al que ajdades os ditos tres piteyros de herdade et os ditos dous paredeiros de dezimo a deus et livres e quites de todo outro enbargo e encarrego algun. Outrosy he posto que vos nen vosas voses que non seiades ingratos nen desconiçidos contra nos nen contra algun de nos, et que nos non ponades outro señor a rostro, et que seiades nosos vasalos serventes e obidientes segundo custume do dito couto. Et outrosi he posto que se vos ou vosas vozes que as sobre ditas cousas herdaren as quiserdes vender, deytar ou subpiñorar que primeiramente frontedes con elo a nos o dito cabidoo ante ca outro algun, et nos lo dedes por lo justo preço que vos outre por elo der, et non no querendo nos por esse preço reçeber estonçe o vendede, deytade ou subpinorade aa tal pessoa que seia semelavil de vos que seia tiudo a lavrar et parar ben et pagar et conprir e agardar todas las cousas e condiçoens que en esta carta son contiudas e cada huna delas. Et outrosi he mays posto que se pleito ou contenda recleçer entre nos o dito cabidoo e vos ou vosas vozes en algun tenpo sobre razon dos ditos piteiros e paredeiros que se termii o dito pleito e contenda por dous omes boons de nos o dito cabidoo tomados a prazer de nos as ditas partes, toda outra apelaçon remota. Et outrosi he aynda mays posto que non posades fazer manda nen poer oniversario porlos ditos tres piteiros e paredeiros a outra igleia nen moesteiro nen santuario algun salvo a nos o dito cabidoo. Et eu o dito Affonso Gonçalves que soon presente assy o outorgo e reçebo os ditos tres piteiros de herdade e os ditos dous paredeiros aforados porla maneira e condiçoens que ditas son et obrigo todos meus beens et da dita miña moller gaanados e por gaañar para poer os ditos tres piteiros de viña e correger et apostar et cobrir os ditos paredeiros ennos ditos quatro annos et lavrar et parar ben os ditos piteyros et pagar cada anno o dito foro de quinta et os ditos dous mor. et conprir et agardar todas las cousas e condiçoens que en esta carta son contiudas e cada huna delas. Et nos o dito cabidoo obrigamos todos los beens de nosa mesa para vos anparar et defender senpre a dereito con esto que vos assy aforamos segundo sobre dito he. Et he posto penna ontre nos as ditas partes que a parte de nos que contra esto passar que peyte aa outra parte que o conprir e agardar quiser por nomme de penna e interese çen mor. da sobre dita moeda et a dita penna e interese pagada ou non esta carta et todo o que en ela he contiudo fique firme e valla para senpre segundo sobre dito he. Feyta foy e outorgada esta carta enno dito coro, viinte e hun dias do mes de jullio do anno do naçemento de nosso señor Jhesu Cristo de mill e trezentos e noveenta e nove annos. Testimuyas que presentes foron don Ares Fernandes chantre e Gil Rodrigues mestrescola et Roy Gonçalves tesoureiro e Martin Geestosa e Martin de Montes e Gonçalvo Yanes e Pero Fernandes e Roy Gonçalves coengos d’Ourense e outros.

+ presente y Ares Lourenço coengo enna dita igleia e vigario do deyan ennos contrautos do cabidoo.

Et eu Estevo Peres coengo enna igleia d’Ourense, publico notario porla auctoridade apostolica e notario e chançeller da dita igleia e çibdade de Ourense que ao sobre dito aforamento, outorgamento, reçebemento et a todo o que sobre dito he con as ditas testimuyas presente foy e esta carta segundo que passou por outro fielmente fiz scripvir et meu nome e signal aqui puge en testimuyo de verdade rogado e requerido et (...) adiçon que vem por signal (...) ‘presente y Ares Lourenço coengo da (...) contrautos do cabidoo’ que foy (...).

(sinal)

Stephanus Petri