1315, agosto, 15. Lugo
Sepan
quantos esta carta viren como nos don frey Johan pe-la gracia de
Deus, bispo de Lugo, damos a vos don Afonso, fillo do muy noble
ynfante don Johan, a nosa comenda de toda a nosa terra et da nosa
yglesia, que chaman o couto de Lugo et de Pallares, et de todos llos
outros nosos coutos e lugares pera quer que os aiamos, que a tenades
de nos con estas condiçoes que aqui seran ditas. Conviene a
saber que seiades vasallo de Santa Maria et de sua yglesia de Lugo,
et que defendades et amparedes a nos et a nosa yglesia et a noso
cabildoo et a dita comenda et todos llos que en ela moran,
et
todas llas outras cousas que nos avemos et o noso cabildoo, o mellor
e mais compridamente que vos podades, et que nos seiades amparo
verdadeiro en todo et façades por nos sempre asi como amigo
verdadeiro deve faser por seu amigo.
Outrosi
que façades justiça et mandedes faser compridamente en
aquellos que a mereçeren de seer feita.
Outrosi
aquellos que por vos ouveren de recabdar os dereitos da comenda que
os recade et leve segundo foy acustumado en tempo de don Aras que foy
comendeiro da nosa yglesia et o noso juis mandar por dereito. Outrosi
que vos fagades et prestedes en quanto o voso poder for en como nos
coblemos a nosa villa de Lugo que he nosa et da nosa yglesia et que
agora esta enalleada pel-lo ynfante don Felipe, et que os privilegios
et cartas et sentenças et confirmaçoes que nos avemos
dos reys onde vos viredes que nos seian sempre muy bien guardados en
todo o voso tempo, et que fagades sobresto quanto poderedes faser.
Outrosi que non ponades comendeiro nen comendeiros se non aquel ou
aquelos que nos, o bispo sobredito, prouber et que seian sempre con
noso consello e con noso outorgamento, et que seian vasallos vosos et
nosos; et se aquel ou aquellos que andaren na dita comenda por vos et
por nos non feseren justiça como o deven faser, ou non
guardaren a terra asi como deven ou feseren alguna cousa na terra que
non devan faser, que nos que o frontamos a el ou ellos, et se se non
quisere castiguar que o enviemos desir a vos et enton que os possamos
ende tirar et poer y outro ou outros que fagan justiça ata
vosa vinda que seiades ena terra, et enton ordinaredes como por ben
teveredes d'aquel ou d'aquellos que ponades y con noso consello et
con noso outorgamento. Outrosi que non reçebades por vasallos
nihunos d'aquellos clerigos et leyguos que moran ou moraren ena villa
de Lugo ou ende vesinos foren o todo noso señorio, salvo se
for por noso mandado e con noso otorgamento. Outrosi se acaesçer
ue aiades a faser avinença con o ynfante don Felipe que a
façades en tal maneira porque seamos antes entreguos ena nosa
villa de Lugo et en todo señorio dela que nos o dito don
Felipe ten forçadamente, et que nos faga emenda et
corregemento dos outros maes que nos ten feitos. Otrosi que non
conpledes nen gaanedes heredamentos nen casas nen cousa nihuna que
pertenesça a os omes peiteiros e foreiros que moran ou moraren
ena villa de Lugo, nen dos fidalgos labradores, nen d'outro ome nihun
clerigo nen leiguo que eno noso señorio moran ou moraren
d'aqui endeante, salvo se for por noso mandado et con noso
outorgamento. Outrosi se ynfante, ou ricome, ou outro home poderoso,
fezesen mal a nos, o bispo sobredito, ou a nosa yglesia et a noso
cabildoo, ou enos nosos lugares por desamor ou por guerra que aia
convosco don Afonso que vos que no-lo emendedes et fagades emendar
compridamente ou nol-lo entreguedes do voso quanto dano et menoscabo
por ende et por esta rason recebesemos.
Outrosi
quando acaescer que venades a a nosa terra et a nosa yglesia et y
tomaredes vianda, ou mandaredes tomar a os nosos vasallos, que lla
paguedes et fagades pagar.
Outrosi
que nihua cousa non tomedes do noso nen da nosa yglesia que contra
nosa voontade seia.
Et
eu, o sobredito don Afonso, outorgo estas cosas sobreditas et cada
huna dellas, et prometo et juro a os santos avangeus, os quales tangi
corporalmente, de comprir et guardar et teer en todo tempo todas
estas cousas que sobreditas son et cada huna dellas.
Et
desto nos, os sobreditos o bispo et don Afonso, mandamos ende faser
duas cartas tal a huna como a outra escritas en pergameo de coiro, et
seelladas con os nosos seellos pendente.
Testimoyas
que presentes foron: Johan Alvares Osorio, Fernan Peres d'Andrade,
Ruy Gonzales Grandio, Aras Peres de Ferreiros, cavalleyros; Vaasco
Peres de Soutomayor; Vaasco Ferrandes de Parraga; Pero Aras, Johan
Calvin, escudeiros, outros moytos.
Feita
quinçe dias de agosto, era de mil et trezentos et cinquoenta
et tres anos.