GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

605
1354, xuño, 26. Lugo
Leonor Rodríguez véndelles ao bispo e á igrexa de Lugo todas as súas propiedades nas Camoiras, Mera e San Pedro de Narla, por 300 marabedís.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 51r.

Sabeam quantos esta carta virem commo eu Lionor Rodrigues, muller que fuy de Ruy Lopes d’Aguiar, et filla de Thereyia Gonçalves de Paradela que fuy, de bon curaçon et de boa voontade vendo a vos dom frey Pedro Lopes da orden dos preegadores, por la gracia de Deus et da Santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, et a vossa iglesia, todas quantas herdades eu ey et me perteeçen d’aver por parte da dita minna nana et de donna Thereyia que fuy de Paradela, minna visavoa, ennas Camoyras et en Sant Pedro de Narla et en Comme et en Sant Miguel de [Vacorin] et en Turinal et en todos los outros lugares ut quer que as eu aia d’aquel cabo o Minno en Mera et ennas Camoyras, assy iglesiarios commo leygarios, et en outra maneyra qualquer que os eu aia, assy de compras commo de gaanças, et de patrimonio et coutos et sennorios ou parte deles ut quer que os eu aia et me perteescan d’aver ennos ditos lugares con todas suas dereyturas et pertenenças, cassas, arvores et formaes, a monte et a fonte, peru quer que vaan, et reçebo de vos en preço por esta vençon tresentos moravedis desta moneda, d’oyto soldos o moravedi, dos quaes ditos tresentos moravedis conosco que soo entrega et ben pagada, que a meu iur et meu poder son pasados do voso, et renunçio a exçepçon do aver non contado nen reçebudo et do enganno de mais cada meatade do justo preço, et que non me possa ajudar de foro, nen de lee, nen de outro foro nehun que contra esta raçon seia, et obligo min et todos meus beens, movilles et rayses, gaanados et por gaanar, para vos faser esta vençon senpre de pas de meu yrmao ou yrmaos et d’outros quaesquer, de oie mays este dias avedea senpre en pas vos et a dita vosa iglesia pus vos, et todo meu sennorio et poderio ende seia sacado et removudo de min et posto en vos et enna dita vosa iglesia, et dou-vos todo meu livre et comprido poder et que a posades entrar quando quiserdes et cada que quiserdes por vos ou por outren qual quisserdes sen enbargo de min et de toda minna vos.

Feyta a carta da vençon en Lugo viinte et seis dias de junyo, era de mill et treçentos et noveenta et dous annos.

Testemoyas: Meendo Affonso de [...]talde; frey Iohan, companeyro do dito sennor obispo; don Ruy Fernandes, arçidiago de Neyra; Aras Ferrnandes, Garçia Lopes et Alvar Lopes, clerigos, camareyros do dito sennor obispo, ts., et outros. Et eu Fernan Aras, notario publico de Lugo dado por auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto en commo sobredito he presente foy et a rogo das ditas partes esta carta en minna presença fis scrivir et puge en ela meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.