GMH/ÍNDICE A-Z

657
1364, xaneiro, 14
Dona Maior Arias, abadesa de San Salvador de Ferreira, véndelles ao bispo e á igrexa de Lugo todo o quiñón e dereito que corresponden ao mosteiro no couto de Vilanova por 100 marabedís.
MADRID, AHN, Carp. 1332 F/9, perg. orix., galego, gótica cursiva, 166x240 mm. Era de mill et quatroçentos et dous anos, quatorçe dias de ianeyro.

Sabeam quantos esta carta viren como nos dona Moor Ares, abadessa do mosteyro de San Salvador de Ferreyra, con outorgamento de nossa prior et do convento desse meesmo lugar, pressentes et outorgantes, por nos et polo dito nosso mosteyro, vendemos a vos, a o moyto onrrado padre et senor don frey Pero Lopes da orden dos preegadores pela gracia de Deus, obispo de Lugo, et a vossa iglesia de Lugo para por senpre, todo quanto quinon et vos et dereyto nos et nosso mosteyro avemos et nos perteçe d’aver de dereyto en qual maneyra quer en todo o couto de Vilanova, salvo ende as herdades et cassares et quinon delas et arvores a o dito mosteyro a a o dia da era desta carta et overmos et gaanarmos d’aqui endeante eno dito couto que vos non vendemos, todo o outro senorio vos vendemos como dito he por preçeo nomeado que de vos reçibimos en pressença do notario et das testemoyas suescriptas: conven a saber çen maravedis da moneda branca del rey don Affonso de que nos outorgamos por ben pagas et por ben entregas, et obrigamos a vos faser de pas esta dita venzon a todo tempo por nos et por todos nossos bees et do nosso mosteyro, et se algen veer da nossa parte, ou do dito nosso mosteyro, que vos contra esta carta et venzon queyra passar et a non comprir, perca de pea dusentos maravedis da dita moneda, os meos a vos do senorio et os meos a parte querelossa, et a carta seia firme et valiossa para senpre et fique en seu revor con todo quanto se en ella conten. Et que seia çerto et non vena en dulta mandamos Affonso Gomes, notario publico por el rey en Val de Ferreyra, que escripvysse ende esta carta et a signasse de seu signo.

Os que foron pressentes et son testemoyas: Affonso Yanes, clerigo de Cas dos Ferreyros; Fernando Domingues de Villamelle; Iohan Ferrnandes, Pero Affonso, moradores eno mosteyro de Ferreyra; Affonso de Meyra.

Et eu Affonso Gomes, notario sobredito, esta carta escrivy por mandado das ditas partes et a todo esto foy pressente commo dito he con as ditas testemoyas, et este signo y fis en testemoyo de verdade que tal he. (+).