GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

889
1395, agosto, 23. Lugo
O bispo de Lugo afóralle a Rui Pérez e a dúas voces o casal da Porta Nova, en San Marcos de Lugo, por renda anual de seis fanegas de centeo transcorridos os dous primeiros anos, en que o bispo o exime do pagamento da devandita renda.
MADRID, AHN, Carp. 1332 G/15, perg. orix., galego, cortesá, 146x267 mm.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos don Lopo por la gracia de Deus et da Santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, por fasermos ben et merçee a vos Ruy Peres de Valeio, noso camareiro, et porque entendemos que he prol et boo paramento noso et da nosa iglesia de Lugo, damos-vos aforo et avervo para en toda vosa vida et a duas persoas pus vos, huna qual vos nomeardes et a outra qual nomear aquella que por vos for nomeada en vida ou a tenpo de seu finamento, conven a saber o noso casal chamado da Porta Nova da nosa çibdade de Lugo, con todas suas casas et herdades, agros et cortinnas, a montes et a fontes, per hu quer que vaa sub signo de sam Marco da dita çiudade, a a tal pleito et condiçon que vos façades faser a dita casa do dito casal, que agora ias derribada, que esta cabo das casas que Gonçalvo Yanes Çerrellas ten a a dita Porta Nova, et façades tirar de monte todas las herdades do dito casal que agora isaen en campo, et elas tiradas de monte et as ditas casas feitas que as façades lavrar et parar ben en guisa que se non pergan con mingoa de lavor et de sarradura et de boo paramento, et mantenades as ditas casas ergudas et feytas et en boo paramento; et dedes de foro et renda cada anno a nos et a nosa iglesia et a nosos suçessores vos et as ditas persoas seys fanegas de çenteo linpo por agosto en pas et en salvo, para estes primeiros dous annos que non dedes nada de renda por quanto avedes de provar o dito casal et tirar de campo as ditas herdades et faser as ditas casas. Et que seades vos et as ditas persoas vasalos serventes et obedientes nosos et de nossa iglesia et de nosos suçessores; et a finamento da postremeira persoa que o dito casal et herdades del et as ditas casas fiquen livres et quitas et desenbargadas a nos et a nosa iglesia et a nosos suçesores con todos los boos paramentos que y foren feytos, et as ditas casas ergudas et feytas et ben reparadas, et avemos- vos a defender o caseiro que lavra a dita herdade de monas et peytas et tallas et pedidos, segundo foren deffesos os outros nosos caseiros do couto de Lugo.

Et eu, o dito Ruy Peres, que presente estou asi resçebo o dito foro de vos, o dito senor obispo, por min et por las ditas persoas, et obligo meus bees de o comprirmos et pagarmos et atendermos en todo segundo se en el conten en quanto a nos tange. Et nos, o dito obispo, asi vos-lo outorgamos en testemoyo desto mandamos dar esta carta firmada de noso nome et seelada de noso seelo.

Feyta enna nosa çibdade de Lugo, viinte et tres dias d’agosto anno do nasçemento de noso Salvador Ihesu Christo de mill et tresentos et noventa et çinquo annos.

Testemoyas que foron presentes: Diego Meendes, et Afonso Fernandes, notarios do dito sennor obispo; et Pedro Ferrnandes, notario de Lugo.

Lupus lucensis episcopus.

Pedro Ferrnandes notario.