GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

348
1360, maio, 6
foro

O cabido afóralles a unha voz a Xoán Pérez, home de Álvar Sánchez, e á súa muller, Sancha Pérez, unha casa na rúa da Correaría por 8 libras.

ACOu, Escrituras XIII, 49

Sabean quantos esta carta viren que nos Johan Peres thesoureiro da igleia d’Ourense e vigario de don Bertran Bertranez dean da igleia d’Ourense e as pessoas e coengos do cabidoo da dita igleia seendo ajuntados en cabidoo ena costra nova por canpaan tanjuda segundo que o avemos de uso e de costume e por que entendemos que é prol e bon paramento do dito cabidoo, damos e outorgamos a foro a vos Johan Peres omme de Alvar Sanchez que sodes presente e a vossa muller Sancha Peres, esta con que ora sodes casado, e a huna voz apus morte danbos, qual nomear o postrumeiro, e non nomeando voz que seia vossa voz aquel que erdar os vossos beens de dereyto, huna casa do dito cabidoo, a qual casa está ena Correeyria, et está entre duas casas do dito cabidoo que ten afforadas Garçia Perez omme de Gonçalo Eanes coengo, et ten o outon ena costra de Santa Maria a Madre, et ten as portas ena rua publica da Correaria. Afforamos vos a dita casa con todos seus dereytos e entradas e seydas por hu quer que as á e deve a aver de dereyto, a atal condiçon que vos que a manteñades e adubedes e reparedes e trastelledes por vossa custa do que ouver mester, + et diades ende cada ano de foro ao dito cabidoo oyto libras de dyneiros blancos de que contan qoreenta pares por tres libras e que os pagedes aos terçios do ano segundo que é uso e costume das casas do dito cabidoo, e por este foro a aiades eno dito tenpo, et a morte de vos anbos e da dita vossa voz que fique a dita casa ao dito cabidoo livre e dessenbargada con todos los boons paramentos que en ela esteveren feytos. Et obligamos os beens do dito cabidoo para vos anparar a dereyto eno dito tenpo con este afforamento que vos fasemos. Et eu o dito Johan Peres que soon presente por min e por la dita miña muller et por la dita voz assy reçebo de vos o dito cabidoo afforada a dita casa ena maneira e condiçon que dita é et obligo todos meus beens moviles e rayzes gaañados e por gaañar para manteer e adubar e reparar a dita casa e para pagar e conprir e aguardar todo esto que sobre dito é. Et desto as ditas partes mandaron a min notario que fesesse ende duas cartas anbas en hun tenor et dese a cada huna das partes a sua, et eu dy ende esta ao dito Johan Peres, que foy feyta en Ourense eno dito cabidoo, quarta feira, seys dias de mayo, era de mill e trezentos e noventa e oyto anos. Testemunyas que a esto foron presentes Johan Ledo raçoeiro da igleia d’Ourense, Apariço Yanes dobreiro moordomo do cabidoo, Fernan Gonçalves notario d’Ourense, Johan Garçia porteiro do dito cabidoo, Ruy Codeiro yrmao de Gonçalo Codeiro, Pero Fernandes omme de Gonçalvo do Mato, Paulos Vyviaez omme de Garçia Rodrigues moradores en Ourense.

Et eu Affonso Martines notario publico da çibdade d’Ourense e do castelo e dos coutos do bispo e da igleia d’Ourense porlo bispo e porla dita igleia que a esto foy presente e esta carta escrivy e meu signo aqui fiz en testemunyo de verdade que tal é.

+ salvo se caer por trave ou por fondamento que o dito cabidoo que a adube por sua custa.

(sinal)