GMH/ÍNDICE A-Z

390
1373, decembro, 28 (Traslado realizado o 20 de novembro de 1431)
foro

Lopo Rodríguez de Sabadelle afóralles a Fernando Iáñéz de Pazos e á súa muller, María Fernández, o casal de Lamagrande, en Melias, por cuarta do froito, seis libras por dereitura con 10 soldos de pan branco e unha cuarta de viño e 12 mrs. por loitosa.

ACOu, Escrituras X, 40

Sabean quantos esta carta viren commo eu Lopo Rodrigues escudeiro d’Agiar morador en Sabadelle de terra d’Agiar, por min e por todas miñas vozes para senpre dou a foro a vos Fernand Yanes de Paaços et a vosa muller Maria Fernandes moradora enno couto de Santo Estevoon de Riba de Sil e a toda vosa voz para senpre enna huna mietade, et a vos Joan de Lamagrande et a vosa muller Elvira Peres e a toda vosa vos para senpre enna outra mietade, o meu cassar de Lamagrande que foy de Lourenço Garçia de Melees con todas suas herdades, cassas, arvores e perteenças a montes e a fontes por hu quer que vaan e por tal condiçon que o moredes ou façades morar e labrar e parar ben commo se non perca por maao paramento et que me dedes del cada novo vos e vosas voses a min e miñas voses quarta de todo pan que deus y der e quarta de legumia por min ou por meu omme ou de miña voz, o qual chamaredes para coller os ditos novos et proveerloedes de comer e de beber comunalmente quando me derdes os novos do dito lugar segundo uso da terra. Et daredes seys libras de dineiros brancos por dereitura cada anno por Natal e dez soldos de brancos en pan branco e huna quarta de viño, et cada voz aa sua morte que dia por loitossa dez mrs. de dineiros brancos. Et seja senpre huun pessoeiro para pagar os ditos foros e dereitos. Et si alguun veer que se mostrar foreiro que faça a vos e a vosa voz foro de terça. Et vos e vosas voses fasede a min e a miñas voses estes foros que se aqui conteen. Et por esta dita carta vos dou poder conprido que posades demandar en juizo e fora de juiso todas las maas paranças que ouver enno dito lugar asy commo eu mismo se presente fose. Et defenderedes vos por vos a dereito dos outros foreiros. Et eu o dito Lopo Rodrigues e miña vos que vos defenda das outras pesoas a dereito. Et nos os ditos Fernand Yanes e Joan de Lamagrande asy reçebemos de vos o dito foro. Et para esto asi conprir estas partes obligaron seus beens et poseron ontre sy penna que qual quer deles que o asy non quiser conprir que peyte de penna aa outra parte que o conprir e agardar quiser çent mrs. de brancos e aa vos del rey outros tantos, et a dita penna pagada ou non esta carta e foro valla e fique firme para senpre. Feita enno lugar que disen Papyn que he enno couto do mosteiro de Santo Estevoon, viinte e oyto dias de desenbro, era de mill e quatroçentos e honze annos. Testemoyas que a esto presentes foron Afonso Yanes de Caschoseco e Gomes Lourenço de Sabadelle e Ares Peres escudeiro d’Agiar e Afonso Fernandes de Lamagrande.

Et eu Gonçalvo Yanes notario publico enno couto do mosteiro sobre dito de Santo Estevoon que a esto foy presente e o escrivi e meu nomme e signal aqui puje en testemoyo de verdade que tal he.

Este he o traslado da sobre dita carta de foro original, a qual era escripta en purgameo de coiro e signada do signo do dito Gonçalvo Yanes notario, non rasa nen chançelada nen en alguna parte sospeytosa, et a qual eu Gomes Yanes notario publico da çibdade d’Ourense porlo obispo e por la igleia dese lugar bi e lii et aqui ben e verdadeiramente trasladey e escrivi por liçençia, mando e abtoridade que me para elo a petiçon de Gonçalvo Yanes da Silvaa raçoeiro deu e outorgou Alvaro Fernandes canonigo enna igleia d’Ourense e vigario de terra do cabidoo da dita igleia et mandou que valuese este dito traslado commo o propio origynal, en dia martes, viinte dias do mes de novenbro do anno do naçemento do noso señor Ihesu Cristo de mill e quatroçentos e triynta e un annos, estando presentes por testemoyas Fernando Afonso dobreiro enna dita igleia e Joan de Sobrado vesiño d’Ourense, et por ende aqui meu nome e signal fis en testemoyo de verdade que tal he.

(sinal)