Testamento de Pedro de Santo André, morador en San
Cibrao, na casa que chaman «Pazos do Abade», no que manda enterrar o
seu corpo no mosteiro de San Francisco, ordena honras fúnebres, dispón
mandas en favor de varias institucións relixiosas, da súa muller,
Aldonza Rodríguez, e doutros familiares e ofrece unha nutrida relación
de debedores. (fols. 1-6v)
Enno nomme de deus amen. Sabean quantos esta carta de testamento viren como eu Pero de Santo Andre, morador enna aldea de San Çibrao,
couto da abadia da Tryndad, conprido de todo meu syso natural qual deus tevo por ben de me dar, faço e ordeno meu testamento e ultyma vontade para conprimento de serbiço de deus e descargo de miña alma. Iten mando enterrar miñas carnes pecadoras enno mosteiro de San Françisco d’Ourense e mando que meus conpridores contenten ao mosteiro por huna sepultura e ma dian ante a virgen Maria, enna nabe quando entran enno mosteiro. Iten mando en oferta que leven comigo huun quarto de carne e huun odre de vino e huun saco de pantrigo. Iten mando ao clerigo que me touber p(...) maao çinqo reas de prata. Iten mando que ao dia de m(eu ente)rramento un terçio que me digan çen misas e mando (...) terçen enno anno tres terçios cada terçio triinta (...). Iten mando mays que me digan (seys)* /dez\ tryntanarios e des salteiros e dian tres peças de morilla por amor de deus onde viren que mellor he aos pobres. Iten mando (...) dian de comer aos pobres e quantos quiseren comer enno (...) de meu enterramento. Iten mando para a obra e prol (...) da Tryndad dosentos pares de brancas. Iten (...)
(fol. 1) Romaao de Moreda çento e çinqoenta mrs. para prol da iglesia. Iten mando a miña herdad que trage Pero da Tapa a capela de Santa Catalina de Santa (de)* Maria de Ferreira, con condiçon que me diga o capelan que for da capela duas misas por miña alma e dos que eu son obrigado /cada huun ano\. Iten mando que las herdades que foron de Rodrigo da Costa que tyna en cargo o clerigo de Distris que llas deyxem e el que conpra o cargo que por elas lle era mandado. Iten mando a San Martiño de Panton dous canados de vyño que me debe Diego de Cas dos Ferreyros de miñas herdades disymo a deus cada huun e esto mando ao capelan que for da dita iglesia que me diga duas misas cada huun anno e rogue a deus por min e dos que soon obrigado. (Iten mando que todaslas outras herdades (...) rendas e lugares e beens e foros que a min perteençen (...) deben querendoas a miña muller Aldonça Rodrigues (...) que se mantena por elas en sua vida e a seu pasamento que se vendan e dian por la miña alma daqueles que somos obrigados)*. Iten mando a miña herdad de Santa Alla(...) a Alvaro Raposo meu primo que he do mosteiro de Valverde. (Iten mando ... espital de Moreda dosentos mrs. para prol da iglesia)*. Iten mando que avendo hos beens que eu teno en foro de Alvaro (...) que conpran o que enna carta se conten meus herdeyros.
(fol. 1v) Estas son as debedas que me deven en terra de Lemos. Iten me deve de Gonçalvo Nunes çertos mrs. segundo estan escriptos em meu libro. Iten Pero de Serçedo me debe o que esta escripto en meu libro. Vasco de (Salzedo), Roy Lopes de Paderne, Alvaro (Peres)* /Lopes\ de San Romao que deus aja, Pero de Vila Firis capelan de San Romao, Costança da Lama, Diego de Carracoba, Alvaro de Palmelle, Gonçalvo do Forno, Gonçalvo do Cabo, Roy Lopes de Palmelle, Vasco do Sabaragoo, estes todos me deben segundo estan escriptos en meu libro. Iten me debe mays Juan das Eyras alende do que esta por escriptura ontre min e el /mill e quatroçentos\ (seteçentos)* mrs. vellos de touçiños que de min obo. Iten me debe Joan Ares de Agro Nogeyras tresentos pares de brancas e huna dobra que lle prestey aa porta da sua adega. Iten Joan d’Agro Nogeyras /me deve\ oytenta mrs. Iten me debe Roy Rey, morador en Vide, mill e tresentos pares de brancas, tests. Garçia da Vide e Roy Gonçalves da Vide. Iten Alvaro de Manete me debe tresentos mrs. vellos. Iten me debe Roy Crespo de Goyan hun florin e eu debolle a custura de dous saquillos (Iten Costança Vasques)* e destes reçebi pano que montou seteçentos e porlos outros seteçentos reçebi huna (...)dyllo e outra p(...) Roy Vasques de Paderne.
Iten Costança Vasques de Paderne me debe o que acharen en (...)
(fol. 2) Gonçalvo ferreiro morador en Vilanova çento /XL\ e tres mrs. en sua parte e enna outra tres reas de plata /e debe mays XXXIIIIº.- de huns çapatos\ eu teno del huun moyo de vino (de)* tynto e seys quartas. Iten Alvaro do Rigueyro tem de min vynte reas do anno de oytenta e dous e eu teno del de aquel anno huun moyo de vyno branco. Iten deste ano de oytenta e tres quinse reas de plata e eu teno del huun moyo de vyno branco. Iten me deve a muller que foy de Joan Seoane de Varbadaas en huna parte quinse reas de plata e en outra parte dose mrs. e quinse mrs. vellos e eu teno dela vynte quartas de vyno branco, que foy contando de aquel anno a tresentos mrs. o moyo. Iten Fernando das Pias, morador en Sobrado, sete reas e meo. Iten me deve Gil, morador enna freyguisia de Roy d’Arnedo, quatro /reas de prata\ e seys mrs. Iten Gonçalvo de Souto de Frejaas hun par de çapatos me debe. Iten Joan de Fereira /morador en Fereira, me\ debe des e oyto moyos de viño a dosentos e vynte mrs. e eu reçebi del onse fanegas menos hun almude /de trigo\ a seys reas a fanega e mays paguey por el setenta mrs. de alcabala e hun real /e\ meo que lle prestou miña muller para o (camiño) e quedaronme del tres sacos de marfega. Iten me debe Maria Peres, moller que foy de Pero (Lopes)* /Gonçalves\ correeyro, morador en (Santiago) o que (se) conten en huna obrigaçion que me ela feso. Iten (...) (Alvaro) dose mill e tresentos e sesenta quartos menos dous (...) eu obe del dose milleyros de sardina a qorenta mrs. o mylleyro (...) disen Juan d’Aguilar e Estevo do Quint(eiro) (...)bro en aquela (...) Alvaro Dose o moço puje en sua casa en Ourense mil (...) sardinas e el has vendeu a quatro (a branca) e enno (...) pago e destes quartos (...) (fol. 2v)
Esto he o que me deven en este bispado d’Ourense. Iten (...) de Ganade çento e trynta mrs., Afonso do Barreo morador en Ganade me debe meo anrique vello, Joan de (so)* Gouromin morador en Ribeyra dous reas de plata. Iten Joan d’Ajo me debe vynte reas de plata e teno contra el mandamento do jues e esta en manos do notario pago. Iten Afonso Fernandes de Seyxalvo me deve des reas de plata e en outra parte quinse mrs. e quatro dños. Iten Joan de Seyxalvo me debe o que el diser en sua conçiençia e seu yrmaoo Fernando des reas de plata. Iten me debe Martyn Brabo dosentos mrs. menos tres en una parte e en outra çento e sesenta e çinqo mrs. e sete dños. e mays en outra parte tres reas de plata e eu teno del hun moyo de vino tynto. Iten me debe Françisco alende da conta que ten con (miña muller) des e seys reas e hun quartillo de des almudes de trigo que lle prestey, e mays me debe o que esta por obrigaçions en meu libro e para todo esto oube del çinqo moyos de vyno tynto o anno pasado de oytenta e dous annos.
(fol. 3) Iten me debe Estevo d’Arrabal sesenta reaas de plata e mays en outra parte hun canado e meo de vyno branco e (por esto teno) del a tresentos e des mrs. Iten me debe Afonso Garçia sesenta e seys reas de plata e mays tres mrs. e meo e mays en outra parte dose reas e medio de hun caldeyro e trynta e tres mrs. de hun par de çapatos e por esto teno del tres moyos de vyno branco e dose quartas de vyno tynto. (Iten Afonso de Loureyro me debe trese reas de plata de un caldeyro)* e en outra des reas que lle prestey. Iten mays en outra parte trynta e dous reas e medio e eu teno del tres moyos de vyno tynto. Iten Gonçalvo Rodrigues me debe vyño e nove reas e meo e mays tres peyxes /e un real\ e teno del hun moyo e meo de vyno branco. Iten me debe Joan Boleyro vynte e tres reas de plata e sesenta mrs. en outra parte e eu teno del hun moyo de vyño branco. Iten me debe /Joan\ d’Avadin tres reas e (trynta e oyto mrs.)* /(vinte e sete)* trinta e sete mrs.\ Iten me debe Gonçalvo Vidal vynte reas de plata alende do que esta por escriptura e mays en outra parte trynta e quatro mrs. de un par de çapatos e eu teno del quatro moyos de vyno tynto. Iten Pero Vidal me debe vynte e nove reas de plata alende do que esta por escriptura ontre min e el e mays seys mrs. e en outra parte qatorse mrs. de un vadou(jo) /Iten me debe o dito Pero Vidal IIIIº reas de plata\ Joan do Çenteo me debe des e seys reas de p-
(fol. 3v) lata e en outra parte trynta e dous mrs. de uns çapatos e eu teno del un moyo e meo de vyno tynto. Iten me debe Joan Gonçalves de Loureyro çento e nove mrs. e duas brancas /e esta o vyño pago por conta feita ontre min e el\. Iten Afonso de Miranda dosentos e sesenta e oyto mrs. Iten Gonçalvo do Penedo me debe quatroçentos e oytenta e un mrs. e meo e eu teno del dous moyos de vyño tynto. Iten me debe Joan Calneyro morador en Varbadaas trynta e nove reas de plata e mays seys mrs. e en outra parte tresentos mrs. vellos de un boy e en outra parte quinse reas de plata que lle prestey para a vyndimia e trynta mrs. de uns çapatos. Iten mays me debe en outra parte des reas de un touçiño que lle vyndy e para esto todo teno del tres moyos de vyño branco. Iten Joan Gayo /morador en Varbadas\ me debe qorenta e çinqo reas de plata e eu teno del qorenta e oyto quartas de vyño branco. Iten Afonso Ramos me debe mill e quiñentos e quinse mrs. e eu teno del para en pago sete moyos de vyño, tres de branco e quatro de tynto. Iten Roy do Souto me debe tresentos e noventa e oyto mrs. e huna branca e eu teno del des moyos de vyño tynto menos duas quartas. Iten Faxardo sete reas de plata que lle prestey quando fasia a sua casa. Iten teno de Martyno de Martyno huna dobra e el deveme onse reas e meo.
(fol. 4) Iten me debia Joan da Sarp(e)moyña huna dobra que lle prestey que me bolvese miña dobra e teno del dose reas de plata que deu a miña muller que valian a dose mrs. Iten Vasco da Nogueyra, morador en Jubym, me deve da debeda que me debia Gil Nogueyrol, que eran oytoçentos e (noventa)* /oytenta\ mrs. de que me ficou fiador e prinçipal pagador e destes pagoume vynte reas de plata e deve o mays. Iten debeme os herdeyros de Pero Fernandes de Sanpayo de Castrello çento e çinqoenta mrs. Iten Alvaro de Sa, morador en Calvos, quinse reas de plata, fiador Alvaro Gomes de San Çibraoo e prinçipal pagador. Iten Fernando Voleyro heme fiador de outros quinse reaas /e medio\ de outro caldeyro que lebou hun /seu\ parente de Toraan. Iten Alvaro da Conpostela me debe dose reas de hun caldeyro. Iten a muller que foy de Roy de Tioyra, moradora enna freygesia de San Jurgo, onse reas e meo de plata de outro caldeyro, fiador Alvaro Gomes de San Çibraoo. Iten Fernando de Loureyro me deve çento e (trynta)* /XXV\ mrs. e eu teno del seys quartas de vyno. Iten me deve Joan de (Chantada) (viinte) reas de plata de un caldeyro, morador en Seyxalvo. Iten Roy de Molgas de Seyxalvo des reas de plata de un caldeyro, fiador Afonso Nobo. Iten Afonso Nobo ten de min (trynta) e dous reas de plata e eu teno del dous moyos de vyno branco. Iten Gonçalvo Novo trese reas de plata e eu teno del hun moyo de vyno branco. Iten Gonçalvo de Reboredo, morador morador en (...) ten de min oytoçentos mrs. e eu teno del quatro moyos de vyno tynto.
(fol. 4v) Iten me debe Joan Grande da Valençaa dose reas e meo que le prestey este anno e ouvera me de dar de vyno e non me deu nada, e de outras contas que me debia de todo son pago. Iten Gonçalvo do Souto de Moreyras me debe des e seys reas de hun caldeyro, fiador Faxardo. Iten me deve Joan de Santa Martha nove reas de plata de hun caldeyro, fiador Alvaro Gomes. Iten mando dous meus tarreos que teno en Foles desymo /a deus\ Ares d’Alençe e a sua muller e outro tarreo do Piñeiro que el labra e o cortyneyro d’Alençe e mays todaslas castyneyras e arbores que estan delo Fontaoo avayxo con cargo que me diga tres misas cada hun anno en San Martino de Panton por miña alma e de cujos foron, e non as disendo que meus herdeyros os posan tomar e diser as dias misas. Iten mando aos clerigos do coro çento mrs. por vigilia, misa e letania e aos frayres de San Françisco d’Ourense çen mrs. por vigilia, misa e letania. Iten mando as vynas que eu teno do lugar de Carreyra Coba en foro a Alvaro Raposo meu primo. Iten alço por vos e herdeyro de todoslos /outros\ meus beens mobles e rayses que eu aqui ey e teno en terra de Le-
(fol. 5) mos que me ten forçados o conde de Lemos e outras personas co seu fabor, asi de foro como disymo a deus, a Juan Alvares de Lemos canonigo /d’Ourense\ meu sobrino, e Aldonça Rodrigues mina muller mandolle o meu lugar de Santo Andre /segundo\ que eu teno en foro do señor Diego de Lemos, e para que hos ajan e libren e se mantena a dita mina muller en sua vida e a sua morte que queden libremente ao dito Joan Alvares meu sobrino, con cargo de quatro misas que me faça diser cada hun anno en San Martiño de Panton por mina alma e dos que son obrigado, e a morte do dito Juan Alvares que hos herden seus herdeyros con o dito cargo. Iten mando mays todo o moble de las portas adentro, salvo plata e outros quales quer diñeiros, a dita miña muller en sua vida e a sua morte que se vendan todas (e)las (con vias) e (bontades) /e se dian por miña alma\. Iten mando que meus herdeyros que recabdem todas minas debedas e
(fol. 5v) que conpran este meu testamento e mandas por elas todos meus beens, e reboco quaes quer outros testamentos /ou codiçilos\ que fasta aqui aja feytos e mando que non valan, salvo este que agora ultimamente faço por Roy Moreyro notario apostolico, e aparto todos los outros meus parentes e parentas en çinqo soldos que a mais de /meus\ beens non estendan quanto por razon de erençia, e quen quer que contra el for que aja a mina maldiçon e a yra de deus e perga de pena aos ditos meus herdeyros çen floris douro e a vos del rey outros tantos. Iten mando que de duas taças que teño que de huna delas façan (huna t...)* un calez de marco e meo /que ela ten\ e ho ponan enna iglesia de San Martiño de Panton e a outra taça quede aa dita mina muller e mando que da prata meuda que teño e por mays diñeiro que façan outro calez de outro marco e meo e ho ponan os ditos meus herdeiros enno spital de Moreda. Iten mando mays ao dito Ares d’Alençe os terreos que el por min labraba e me perteçen enna beiga de Panton, por senpre con o cargo sobre dito. Iten mando que toda a mina parte de diñeiro e debedas e do que for bendido do moble, que todo se dia por mina alma e de aqueles (...) obligado. E lles dou e outorgo aos ditos
(fol. 6) meus conpridores e herdeiros todo meu conprido e bastante poder para que posan enader, toller e emendar e conprir en este dito testamento onde viren que he serviço de deus e prol de mina anima.
Foy feito e outorgado este dito testamento por lo dito Pero de Santo Andre enna aldea de San Çibraao,
couto da Trinidade da (iglesia)* çibdade d’Ourense, dentro ennas casas de morada do dito Pero de Santo Andre, que se chaman os Paços do
Abbade, a çinqo dias do mes de dezenbro do anno (do)* do nasçemento do noso señor Ihesu Cristo de mil e quatroçentos e oytenta e tres annos. Tests. que foron presentes Meendo Patyño, raçoeiro enna iglesia d’Ourense e capelan da iglesia da Trinidade da dita çibdad d’Ourense, e Afonso da Beiga, clerigo de misa, e Ares de Moreda, çapateiro vezino da çibdade d’Ourense, e Meendo, criado do dito Joan de Lemos, e Joan Cordal e Estevo do Curral, moradores enna dita aldea de San Çibraao.
(fol. 6v)