GMH/ÍNDICE A-Z

1072
1447, maio, 5. Lugo

O bispo de Lugo afóralles a Xoán Prior e a unha voz dous lugares en Ider, freguesía de Santa María de Castelo, con outras propiedades doadas polo beneficiario na devandita freguesía, por renda anual da terceira parte do gran, os servicios acostumados e vinte marabedís de luctuosa.

MADRID, AHN, Carp. 1333 A/18, perg. orix., galego, cortesá, 240 x 350 mm.
   

Sabean quantos esta carta de foro viren como nos don Garçia de Vaamonde por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo, oydor da Abdiençia de noso senor el Rey et do seu Conssello, veendo et entendendo que he noso proveyto et de nosa iglesia et mesa obispal, et porque vos Johan Prior, morador en a fiigresia de Santa Maria de Castelo d’Asma, nos aparçudes et dades para senpre jamays por jur de herdade a nos et a nosos subçesores et iglesia et mesa obispal todas las herdades et casas et arvores et formaes et outros quaesquer bees rayses que vos tenedes et vos perteesçen en a dita fiigregia de Santa Maria de Castelo d’Asma, asy por vosos padre et madre como por compras et outras quaesquer ganançias, como quer que vos ende perteesçen et perteesçer deven, a montes et a fontes, por onde quer que vaan por la [...] aforamos a vos, o dito Johan Prior, que presente sodes para en toda vosa vida et a outra persona depoys de vos qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, et se por la ventura non for nomeada que seia quen de dereito herdar vosos bees. Conven a saber que vos aforamos os nosos dous lugares de Paaçeos, que suya labrar Lourenço Cadaya et Afonso de Yder, os quaes son en o dito lugar de Yder sub signo de Santa Maria de Castelo, os quaes ditos dous lugares et as ditas herdades et casas et arvores et formaes et bees rayses que nos asy aparçades et dades, como dito he, vos aforamos con todas suas herdades et casas et arvores et formaes et prados et pascos et entradas et saydas, jures et pertenenças, et aguas correntes et vertentes a os ditos lugares et casas et a qualquer deles en qualquer maneira perteesçentes por donde quer que vaan sub o dito signo, con tal condiçon que vos, o dito Johan Prior, façades et corrigades logo de nobo as casas dos ditos lugares et herdades do que en elas for de faser corriger et as usedes et [...] façades morar, et as tenades ben cubertas et reparadas, et labredes ben as herdades que iouveren en monte [...] os outros labradores et foreyros do dito noso couto, et das que leyxardes et foren en monte por vosa culpa que nos [...] como das outras labradas; et nos dedes et paguedes vos, o dito Johan Prior, en toda vosa vida a nos et a nosos subçesores [...] de toda a graan que vier a teega et se labrar et Deus der asy en as herdades dos ditos lugares como en as que asy [...] et de [...] en pas et en salvo en a nosa tulla do dito noso couto a o moordomo, ou moordomos, que por nos ou nosos subçessores foren en o dito noso couto, et eso mesmo nos avedes de dar et pagar, ou a os ditos nosos moordomos, ou de nossos subçessores, en cada uno ano por dia de San Martino des moravedis vellos, de des dineiros o moravedi, en esta guysa: por nabos et lyno, froyta et ortariça et pasco, et por dia de Natal hun par de boos touçinos sen maliçia, et a vosso finamento a persona que en vosso nome subçeder en o dito foro hanos de dar et pagar a nos et a nosos subçessores et a os ditos nosos moordomos, que foren do dito noso couto, a terçia parte de toda a graan que vier a teega et se labrar en as ditas herdades et Deus en elas der, et por los ditos nabos et lyno et froyta et ortariça et pasco en cada un ano por dia de San Martino trese maravedis vellos, que fasen des dineiros o maravedi, et por dia de Natal tres touçinos boos sen maliçia et hun par de capoes; et a finamento de vos, o dito Johan Prior, avedesnos de pagar por loytosa viinte maravedis vellos, et a dita persona que pague segundo que pagan os outros moradores do dito couto. Et avedes de seer vasalos serventes et obedientes nosos et de nosa iglesia, et nos vos avemos de defender de todos pedidos et monedas et tributos, segundo que o foren os outros nosos foreiros et labradores do dito noso couto. Et a voso finamento et da dita persona avedesnos de leyxar a nosa iglesia et subçessores as herdades dos ditos lugares et as vosas que nos asy aparçudes et dades ben labradas et as casas delas feitas et cubertas et ben reparadas con todos los boos paramentos que en elas foren feitos, libres et quitas et desenbargadas; et outrosy que a persona que subçeder en o dito foro despoys de vos seia tiudo et obligado de vinir notificar et mostrar ante nos como he persona do dito foro do dia que en el subçeder ou for posta fasta triinta dias primeiros segentes sub pena de o perder.
Et eu, o dito Johan Prior, que presente soo asy reçebo de vos, o dito senor Obispo, o dito foro dos ditos lugares et casas et herdades en a maneira et con as condiçiones sobreditas para min et para a dita persona, et vos dou et enparço a eles para senpre jamays todas las ditas minas [...] et formaes et bees rayses suso contiudas en a maneira sobredita, et quero et obligo que a o tempo de meu finamento et da dita persona todas las ditas minas herdades et casas et arvores et formaes et bees rayses que me asy perteesçen et perteesçer deven en qualquer maneira en a dita fiigresia de Santa Maria de Castelo d’Asma, como dito he, fiquen libres et quitas et desenbargadas con todos los boos paramentos que en eles foren feitos a vos, o dito senor Obispo, et vosa iglesia et subçessores con os ditos vosos lugares de [...] vos los asy aparço, et se de oy dia da feita desta carta endiante eu, ou a dita persona, posuermos as ditas minas herdades casas et arvores et formaes con os ditos vosos lugares, ou sen eles, en qualquer maneira que seia, eu quero et conosco et me obligo que as posuermos por vos, o dito senor Obispo, et en voso nome et de vosa iglesia et suçessores et como vosas, et asy como vosos [...] et feudatarios delas, et non en outra maneira alguna; et obligo a min et a todos los outros meus bees, mobeles et rayses, avidos et por aver, et da dita persona de teer et comprir et pagar et atender todo o sobredito. Et nos, o dito senor Obispo, asy vos lo outorgamos et porque esto seia çerto firmamos esta carta de noso nome, et mandamosla seelar con noso seello pendente, et mandamos a o notario de iuso escripto que a signase de seu signo.

Que foy feyta et outorgada en a nosa çiudade de Lugo, çinquo dias do mes de mayo, ano do nasçemento do noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et quareenta et sete anos.

Testemoyas que foron presentes chamados et rogados para o sobredito: don Gonçalvo Peres, arçidiagno de Triacastela; et Pedro Ferrnandes de Cabarcos o moço; et Johan de Vaamonde, et Pedro Ferrnandes, clerigo, capelan de Castelo d’Asma [....]cador en o couto de Yder, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes do Monte, escrivano de noso senor el Rey et seu notario publico en a sua Corte et en todos los seus Regnos, et a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et por mandado et outorgamento do dito senor Obispo, que aqui firmou de seu nome, et a rogo et outorgamento do dito Juan Prior fise en ela este meu signo a tal en testemoyo de verdade.