1352, outubro, 10. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Lope Arias e á súa muller e a un fillo o
lugar de Sernande por cinco terzas de pan anuais e outras condicións.
Sabeam
quantos esta carta viren commo nos, o cabiidoo da iglesia de Lugo,
con outorgamento de don Lopo Domingues, thesoreyro, et vigario geeral
de don Diego Ferrnandes, dayam dese lugar, et de don Vaasco Dias,
iuys de Lugo, et amiistrador do mes de freveyro en terra de
Farnandeyros, avervamos a vos Lopo Aras, morador en Savaree, et a
vosa muller, Maria Lopes, et a hun voso fillo ou filla d’anbos qual
o postrimeyro de vos nomear, o lugar chamado de Sesnande, que he da
dita amiistraçon, con suas pertenenças et dereyturas, casas,
herdades et arvores, a a tal condiçon que vos, os ditos Lopo Aras et
Maria Lopes, façades y huna casa boa terrada ou cuberta de lousa. Et
vos et a dita perssoa lavredes et paredes ben as herdades do dito
lugar en guisa que se non pergan con mingoa de lavorio, et chantar
das arvores, et avedes a dar, cada anno, a o que tever o dito mes de
fevreyro, çinquo terças de pan, as duas partes de temporao et a
terça de serodeo, do mellor pan que y ouver posta a semente, et dous
capoes por dia de Sant Miguel, et leixar o dito lugar provado de hun
boy et huna porca et de dous rexelos. Et a finamento de vos, os ditos
Lopo Aras et Maria Lopes, que aquela persoa sobredita que o
postrimeyro de vos nomear que venna reçeber o dito vervo do cabiidoo
da iglesia de Lugo. Et avedes a leixar a a dita amiistraçon de
fevreyro para senpre por iur de herdade, huna teega et mea de herdade
sementadura lavradura toda em hun lugar podendoa y aver, se non huna
teega en hun lugar et a mea teega en outro, et asian anbos os lugares
na dita amiistraçon et en lugar lavradio commo dito he. Et a
finamento de vos anbos et da dita perssoa ha de ficar o dito lugar
livre et quito et desenbargado a a iglesia de Lugo con todos los boos
paramentos que en el foren feytos.
Et
nos, os ditos Lopo Aras et Maria Lopes, assi reçebemos de vos, o
dito cabiidoo, o dito vervo do dito lugar por nos et por la dita
perssoa, et obligamos nos et nossos beens et dela para o comprir en
todo et para correger as casas do dito lugar, et manteerlas en boo
estado. Et porque seia çerto nos as ditas partes rogamos a Domingo
Peres, notario publico de Lugo, que feçesse ende duas cartas en hun
tennor tal huna commo outra, et por mayor firmedue nos, o dito
cabiidoo, mandamos-la seelar de nosso seello pendente.
Que
foy feyta en Lugo dez dias d’outono, era de mill et trezentos et
noveenta annos.
Testemoyas:
don Vasco Rodrigues, archidiago de Deçon; don Vaasco Dias, iuys de
Lugo; don Lopo Domingues, thesoreyro; Iohan Ferrnandes, Iohan Dias,
Iohan Dias (sic), Gonçalvo Martines, coengos; Iohan Affonso,
raçoeyro de Lugo; Aras Peres, clerigo de Savaree, ts., et outros.
Et
eu Domingo Peres, notario publico de Lugo dado por actoridade do
bispo desse miismo lugar, a esto presente foy et a rogo das partes
sobreditas esta carta scrivi et puge en ela meu signal en testemoyo
de verdade.