GMH/ÍNDICE A-Z

340
1358, agosto, 12
foro

Pedro Fernández, racioneiro, tenente da capela de Santo André, afóralles a dúas voces a Xoán Pérez, abrocador, e á súa muller, Maior Iáñez, unha casa con sobrado e eixido con (pozo?) e árbores na rúa da Corredoira por 30 libras, e tres piteiros de viña en Forno Telleiro e Souto do Bispo por media.

ACOu, Fábrica II, 639

Sabean quantos esta carta viren que eu Pero Fernandez raçoeiro da igleia d’Ourense et teente as capelas de Santo Andre que ordinaron donna Elvyra de Gudiaens et don Pay Galego, con outorgamento et outoridade de don Beltran Beltranez arçidiago de Baronçelle et vigario geeral do onrrado padre et señor don Johan pola graça de deus bispo d’Ourense, dou e outorgo a foro a vos Johan Perez abrocador morador en Ourense enna rua da Corredoira et a vossa moller Maior Anes que non he presente en vossa vida danbos et a duas voses quaes nomear o postrimeiro de vos en sua vida ou a tenpo de seu finamento, et se a non nomear que seia huna das ditas voses o que herdar os outros seus beens de dereito et aquel que assy herdar os ditos beens que en sua vida ou a tenpo de seu finamento nomee a outra voz et se a non nomear que seia a outra voz o que herdar os outros seus beens de dereito et assy vaan as ditas vozes huna apus outra suçessive, hunas casas con seu sobrado e con sua casa chaa et con seu seydo (e seu poço) et con suas arvores que en ela ha, a qual esta enna rua da Corredoira et está juntada con outra casa que foy de Johan Domingues do Cano da huna parte, et da outra parte está juntada con outra casa en que mora Roy Çapateiro. Aynda vos dou a foro con esto que dito he tres piteiros de viñas, dos quaes os dous jasen en Forno Telleyro et jazen a par das viñas de Gonçalvo Anes tendeiro. Et estes piteiros anbos son da dita capela que ordinou o dito don Pay Galego, et o outro piteiro iaz hu chaman Souto do Bispo, et este piteiro he da dita capela que ordinou a dita donna Elvira de Gundiaens. Dou vos e outorgo a dita casa e piteiros de viñas commo dito he por tal condiçon que vos e a dita vossa moller et as ditas voses que adubedes e reparedes a dita casa de todalas cousas que ouver mester, salvo se a dita casa caer por fondamento ou quebrar trave ou arder que desto que as agise e correga eu ou o capelan que tever as ditas capelas, et que chantedes e ontrechantedes os ditos piteiros de viñas cada hu foren por chantar et os lavredes e paredes ben en gisa que non defalescan per mingoa de lavor e de boon paramento, et dedes vos e a dita vossa moller et as ditas vozes cada anno en salvo a min en quanto for teedor das ditas capelas et aos capelaens que depoys de min foren teedores das ditas capelas pelo tenpo, conven a saber da dita casa e sobrado con seu seydo e cousas sobre ditas triinta libras de diñeiros brancos desta moeda de nosso señor el rey que ora corre de que contan qoreenta par de diñeiros por tres libras, et pagardelas cada anno polos terços do anno commo he custume da çidade d’Ourense, et dos ditos piteiros de viñas foro de meo do viño e da conposta que deus der nos ditos piteiros de viñas, as huvas e a conposta na viña por meu home ou daquel que tever as ditas capelas, ao qual devedes proveer cumunalmente en quanto connosco estever a coller a novydade das ditas viñas. Et se vos ou as ditas voses quiserdes vender, deytar ou supiñorar os ditos piteiros de viñas et casas e cousas sobreditas que seia eu ante eu frontado ou aquel que pelo tenpo for teedor das ditas capelas e nolas dedes polo justo preço que outre por elas der ante que a outre nihuun, et nonnas querendo nos enton vendede, deytade ou supinorade ou obligade aa tal pessona que seia semellavel de vos et que page o dito foro de meo dos ditos piteiros e lavre e pare ben et page de cada anno das ditas casas as ditas triinta libras de brancos segundo que vos sodes tiudos de pagar. Outrossy he posto que aa morte da postrimeira voz que as ditas casas e piteiros fiquen aas ditas capelas livres e desenbargadas de vos e de vossa voz con todolos boons paramentos que en elas foren feitos. Et pela outoridade do dito vigario obrigo os beens das ditas capelas para anparar vos o dito Johan Perez e a dita vossa moller e as ditas vozes a dereito con as ditas casas e seydo e con os ditos piteiros de viñas de min aforados commo dito he. Et eu o dito Johan Perez que soon presente por min e pola dita miña moller que non he presente e por as ditas vozes assy reçebo de vos o dito Pero Fernandez as ditas casas et seydo et os ditos piteiros aforados commo dito he, et prometo e outorgo de os lavrar e parar ben e pagar o dito foro de meo et as ditas triinta libras cada anno das ditas casas aos ditos termios e a cada huun deles commo dito he, et conprir e aguardar todalas cousas e condiçoens que en esta carta son contiudas, et para o assy conprir obrigo todos meus beens gaañados e por gañar. Et desto nos as ditas partes rogamos e mandamos a Pero Lourenço notario publico d’Ourense que fezesse ende duas cartas partidas por .a.b.c. anbas en hun tenor. Feita a carta en Ourense, dose dias dagosto, era de mill e trezentos et noveenta e seys annos. Tests. que presentes foron Gonçalvo Peres do Mato e Gonçalvo Peres seu jenro, Bertholameu et Gonçalvo das Herdas clerigos do coro.

Et eu Pero Lourenço notario pubrico d’Ourense pola igleia dese lugar que a esto presente foy e desto que sobre dito he a rogo das ditas partes en myña presença fiz escrivyr duas cartas partidas por a.b.c anbas en huun tenor e en cada huna delas meu nomme e meu signal puge que tal he.

(sinal)