GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

36

1417, abril, 4.
Fernán Rodríguez da Trinidade, mercador e veciño de Santiago declara ter recibido do Concello 1.200 maravedís para o escudeiro do Adiantado Maior de Galicia, en concepto do xantar deste.

Quatro dias do mes de abril. Sabean todos que eu Fernan Rodriges da Triindade, mercador visiño et morador enna çidade (de Santiago) outorgo et connosco que reçeby de vos Gil Peres, procurador do conçello da dita çidade mill et dusentos moravedis contando branqua en çinquo dineiros; os quaes moravedis me pagastes en nome do dio conçello et eu de vos reçebi... de Nuno Gonçalves de Vilariño, scudeiro do adeantado de Galisa et por vigor de hũu poder que el para elo me deu et os quaes son do jantar que noso señor el rey ha en cada ũu anno enna dita çidade et os quaes moravedis del ten en merçed o dito Endeantado; o qual Endeantado mandou con eles recudir a o dito Nuno Gonçalves seu scudeiro et son do jantar dese anno da feyta desta carta et os quaes mill et dusentos moravedis son branqua en çinco dineiros eu ey en meu jur et poder et renunçio a toda eixençon que non diga ende o contrario et a a ley do aver non dado et contado visto et reçebido et pagado en presença do notario et testemoyas (+ - 9 espacios) as outras leys et dereitos scriptos et non scriptos que contra esta carta de pago poderia diser et a alegar por (roto) ela que o non diga nen alegue en juiso nen fora del et en nome do dito Nuno Gonçalves dou por (roto) quito para todo senpre ao dito conçello et a vos o dito Gil Peres en nome del dos ditos mill et dusentos moravedis (roto) çinquo dineiros, que me destes et pagastes como dito he et eu o dito Gil Peres que presente so por min et en nome do dito conçello asy o reçebo. Testemoyas que a esto foron presentes Pero Fernandes de Mendoça dotor en leys et arçidiago de Tras Tamar enna igllesia de Santiago et Afonso de Carrança coengo enna dita igllesia et Vaasco Rodriges, clerigo et criado do dito arçediago. //
 (Fol. 17)