GMH/ÍNDICE A-Z

397
1340, febreiro, 4. Lugo
O tesoureiro e Fernando Domínguez afóranlles a Diego Rodríguez e á súa muller e a unha voz a leira da Cuadra e outras propiedades. Deberanlle pagar, como renda anual, á igrexa de Valonga a cuarta e décimo do producido.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 29v.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Aras Pellaes, thesoreiro da iglesia de Lugo et prestameiro da iglesia de Sancta Maria de Valonga, et eu Fernan Domingues, prellado da quarta desa iglesia de Sancta Maria de Valonga, con outorgamento do cabidoo de Lugo, avervamos a vos, Diego Rodrigues de Outeyro de Valonga, et a vossa muller Sancha Aras por en toda vossa vida d’anbos et dous et de huna pesoa semelavele de vos qual o postrimeyro de vos nomear en vida ou a tenpo de voso finamento, huna leyra d’erdade chamada da Quadra con outra leyra que iaz sobre la carreyra a a sobr’esta leyra. Et demays vos avervamos tres teegas semente d’erdade enna agra de Giestedo, que iaz a par do comaro ,que departe de Belsende et da iglesia sobredita, a qual leyra et herdade sobredita son da dita iglesia de Valonga. Et vos avervamos esta maneira: conven a saber que as avedes a lavrar et parar ben, et avedes a dar cada anno, a a dita iglesia de Valonga, ou a aquel que por el ouver de reçeber, a quarta et o diçimo en salvo pello moollo, do que Deus der nas ditas leyras. A tenpo de finamento de vos et d’aquella pesoa que for nomeada deven a ficar a dita herdade a a dita iglesia de Valonga con todos los boos paramentos que y foren feitos.

Et eu, Diego Rodrigues que estou presente, asy reçebo de vos o dito thesoreyro et Fernan Domingues con outorgamento do dito cabidoo, o vervo et foro da dita herdade por min et po-lla dita minna muller Sancha Aras et po-lla pesoa que for nomeada, et obligo meus bees para vos dar cada ano o quarto et o dizimo en salvo dos novos que Deus der na dita herdade, et para conprir as cousas sobreditas. Et que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, que fezese ende esta carta.

Que foy feita en Lugo, quatro dias de freveiro, era de mill et CCCos LXXª et oyto annos.

Testemoyas: Iohan do Carvalal, clerigo; Pedro Cabeça de Valonga; Fernan Domingues de Sant Martino de Lua; Domingo Eanes, Lopo Peres, don Fernan de Deus, chantres; don Pedro Iacome, iuys; Andres Perez, Iohan Fernandes, Pedro Galvan, Iohan Diaz, Fernan Affonso et Affonso Eanes, coengos de Lugo ts., et outros.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo dado por auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he presente foy et a rogo das partes sobreditas esta carta en mina presença fiz escrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.