GMH/ÍNDICE A-Z

1004
1426, maio, 16. San Vicente de Deade

Don Xoán Ruíz, vigairo do bispado de Lugo, afóralles a Rui Vázquez, á súa muller e a unha voz o lugar e herdades de Caxín na freguesía de San Martiño do Mato, por renda anual de dúas libras de cera.

MADRID, AHN, Carp. 1332 H/17, perg. orix., galego, cortesá, 164 x 239 mm.


        

Sabean quantos esta carta de foro viren como eu don Juan Ruys, bacheller en decretos, arçediano de Grado en a iglesia de Ovedo, et vicario geeral en o spiritual et temporal en a iglesia et obispado de Lugo por lo moyto onrrado in Christo padre et senor don Fernando por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo, veendo et seendo çerto que he proveyto do dito senor Obispo et sua mesa obispal, dou aforo et avervo a vos Ruy Vasques Nugueyrol et a vosa muller Eynes Eanes, moradores en Taboada de Suraa, et a huna persoa qual o postromeiro de vos nomear, et non seendo nomeada que seia quen erdar vosos bees de dereito, o quinon do lugar et erdades chamado de Casin, segundo perteesçe a o dito senor Obispo de Lugo, a montes et a fontes, por onde quer que vaa su u signo de San Martino do Mato, o qual agora ias en campo et en carvallal et en ermo ha y ben quareenta anos, a tal pleito et condiçon que o britedes de monte et ho labredes et tenades en boo paramento; et dedes a o dito senor Obispo et sua iglesia, vos et a dita vosa muller et persoa, de cada hun ano de foro et pensson por todas las cousas que Deus der en o dito lugar duas libras de çera linpa sen maliçia postas en pas et en salvo en a çiudade de Lugo por dia de Santo Spiritus; et avedes de seer obedientes a o dito senor Obispo et sua iglesia segundo o son os outros seus foreiros; et a finamento da postromeira persoa que o dito quinon et erdades do dito lugar fiquen ben labradas et reparadas, et quito et desenbargo a o dito senor Obispo et sua iglesia con todos los outros boos paramentos \que/ en elo foren feitos.

Et eu, o dito Rui Vasques, por min et por la dita mina muller et persoa asy reçebo de vos, o dito vigario, o dito foro por las maneiras et condiçoes sobreditas, et obligo min et meus bees et da dita muller et persoa de o atenderemos et compriremos et pagaremos todo asy segundo dito he de suso. Et eu, o dito vigario, asy vos lo aforo et outorgo, et porque esto seia çerto deyvos delo esta carta de foro firmada de meu nome et seelada con meu seelo, et mandey a Alvaro das Camoyras, notario, que a sinase de seu sino.

Feyta et outorgada en San Viçenço de Deade, des et seys dias de mayo, ano do naçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et seys anos.

Testemoyas que foron presentes: Fernan Vasques, et Alvaro Eanes de Deade, clerigos; et Juan d’Outeiro, escudeiro, morador en Lugo; et Pedro de Fontomin, notario de Lugo.

Jo. archidiaconus, lucensis vicarius.

Et eu Alvaro Ferrnandes das Camoyras, notario publico da çiudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo de Lugo et iglesia dese lugar, a todo esto que dito he con as ditas testemoyas presente fuy et este foro scripvi et aqui puje meu nome et sinal en testemoyo de verdade (signo).

Alvaro Fernandes, notario.