1339, novembro, 4. Lugo
Don Vasco Díaz, cóengo, afóralles a Afonso Arias e á súa muller e a unha
voz unha herdade nas freguesías de San Xoán de Cela e Santiago de
Camposo e medio caneiro por renda anual de terza e media de pan e catro
ducias de anguías.
Sabeam
quantos esta carta virem commo eu Vaasco Diaz, coengo de Lugo, et
amiistrador do mes de febreiro en terra de Farnadeyros, con
outorgamento de don Fernan Aras, dayam de Lugo, et do cabidoo desse
lugar, afforo a vos Affonso Aras de [Caçaes], et a vossa muller
Maria Affonso, a herdade que a iglesia de Lugo ha a o Canpo, sub
signos de Sayoane de Çella et de Santiago de Canposo, segundo a vos
trouxestes en renda de Jacome Eanes ata ora; et con esta herdade vos
afforo o meo do caneyro da seara que esta na Neyra entre a Ponte de
Çella et o moyno de [Cercada], para en todos vosos dias d’anbos et
de huna pesoa qual o postrimeyro de vos nomear a tenpo de seu
finamento, que vos que a lavredes et paredes ben et me dedes della
cada anno huna terça et mea de pan en renda, as duas partes de
tenporao et a terça de serodeo, do mellor que y ouver posta a
semente, et por lo caneyro quatro duçeas d’anguias coseyras, secas
et salgadas. Et o dito pan et anguias me avedes a dar et pagar en
Paaços, et pagardes o dito pan des Sancta Maria d’agosto ata San
Migueel, et as anguias ata Natal. Et esta herdade et caneyro vos
afforo con todas suas pertenenças et dereyturas, arvores et formaes,
montes et fontes. Et a morte da pustrimeyra pesoa de vos o dito
Affonso Aras et Maria Affonso et da pesoa que nomeardes que fique a
dita herdade et caneyro livre et quito a a iglesia de Lugo con todos
los boos paramentos que y foren feytos. Et se po-lla ventura non
pagardes o dito pan et anguias cada anno, que por lo primeiro anno
que non pagardes, que pergades o dito foro.
Et
eu, Affonso Aras por min et por la dita mina muller et por la pesoa,
asy reçebo de vos o dito Vaasco Diaz a dita herdade et caneyro
sobredito, et obligo min et meus bees et da dita mina muller para
pagar a dita renda. Et nos, o dito dayam et cabidoo, porque achamos
que este he boo paramento para a iglesia de Lugo outorgamos este
foro. Et porque esto seia çerto et non vena en dulta nos as ditas
partes rogamos a Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, que feçesse
d’esto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra, huna que
desse a o dito Affonso Aras signada do seu signal et seellada con
seello do dito cabidoo, et outra carta que posesse enno livro do
cabidoo, signada de seu signal.
Que
foron feytas en Lugo quatro dias de novenbre, era de mill et CCC
LXXta et
sete annos.
Testemoyas
que foron presentes: don Fernan Aras, dayam; don Fernan de Deus,
chantres; don Alvar Diaz, archidiago de Sarrea; don Pedro Jacome,
juyz; don Aras Pellaes, thesoreyro; Andres Peres, Vaasco Rodrigues,
Fernan Affonso, Johan Diaz, Johan Fernandes, coengos de Lugo; Johan
Fernandes, raçoeyro desse lugar ts., et outros moytos.
Et
eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo sobredito dado por
auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto presente foy et a
rogo das partes sobreditas esta carta en este livro do cabidoo en
mina presença fiz escrivir et puge en ella meu signal en testemoyo
de verdade.