GMH/ÍNDICE A-Z

128
1317, maio, 24
venda

Pedro Iáñez da Igrexa e a súa muller, Dominga Iáñez, véndenlles a Domingo Páez, mercador, e á súa muller, María Iáñez dita Alvela, unha viña en Noalla, foreira de terza e un azume de viño á capela de Santa María a Madre, por 125 mrs. portugueses.



ACOu, Fábrica II, 653

Enno nomme de deus amen. Sabeam quantos esta carta viren que eu Pero Eanes dito da Igleia morador en Noalla e eu Dominga Eanes sua moller vendemos a vos Domingo Paez mercador d’Ourense et a Maria Eanes dita Alvela vossa moller e a toda vossa voz para senpre huna leyra de vina que nos avemos que iaz en termio de Noalla hu chaman Bouça de Rataira, et parte pella vina de Lourenço Peres dito Espada da huna parte e da outra pella vina que foy de Johan Migues que foy de Noalla et fer en fondo na carreyra que vay para os moyños et ençima na vina da capella de Santa Maria a Madre. Vendemos a vos a dita leyra con entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças de foro de terça aa capella de Santa Maria a Madre e con hun açunbre de vino cada anno por dia de San Martiño aa dita capella e livre e quite de todo outro enbargo, assi que vos e toda vossa voz aiades e pessuayades ela daqui endeante en jur derdade para senpre e livremente façades della toda vosa voentade e o que vos aprouver. Et outorgamos que reçebemos de vos por ela ben e conpridamente todo o preço que a nos e a vos aprouvo, conven a saber çento e viinte e çinco mor. de diñeiros portugueses de que contan xvi pares de diñeiros novos por tres mor. Et todo jur, voz, senorio, possisson, propiadade e dereito que nos e cadaun de nos avemos na dita leyra todo o tollemos de nos e de toda nossa voz e metemos e poemos vos e toda vosa voz en corporal posisson dela para senpre por esta carta, et outorgamos anparar senpre vos e toda vossa vos con a dita leyra a dereito por nos e por todos nosos beens gaanados e por gaañar. Et quen quer tan ben da nossa parte commo da estranya que contra esta nossa vendiçon en alguna cousa quiser viir aia a yra de deus e a nossa maldiçon e peyte a vos e a vossa voz por nome de pena quanto demandar con o dobro e aa vos del rey por pena lª mor. da boa moeda e esta carta fique firme para senpre. Feyta a carta en Ourense, viinte e quatro dias de mayo, era de mill e ccc e lª e çinqo annos. Testemunyas que a esto presentes forom Domingo Peres o amo, Johan Domingues scrivan seu fillo, Pero Rodrigues pixoteiro, Domingo Peres lavrador morador en Çima de Vila e Johan Peres morador en Noalla.

Et eu Domingo Fernandes publico notario d’Ourense pola igleia dese lugar que a esto chmado foy presente e en miña presença o fige escrivyr e meu signal y puge en testemunyo de verdade.

(sinal)