vendaTareixa
Iáñez, moradora en Revoredo do Cumial, véndelles a Domingo Páez e á súa
muller, María Alvela, moradores en Ourense, un piteiro de viña en
Noalla, foreiro de terza a Santa María a Madre, por 90 mrs.
Sabeam
quantos esta carta virem que eu Tareyia Eanes
moradeyra en Revoredo de Cumial filla de Mariña Eanes
moradeyra en Noalla e de Johan Peres que foy
morador y en Revoredo, presente meu marido Domingo
Eanes e outorgante, por min e por toda myna voz vendo e
logo por esta carta entrego a vos Domingo Paez e
a vossa moller Maria Alvella moradores en Ourense na
rua da Pixotaria e a toda vossa voz para senpre huun
piteyro de viña que eu ey en termyo de Noalla e iaz na vossa
cortiña do Ponton ontre outras vossas viñas da huna
parte e da outra, e fer nos camynos pubricos. Vendovos o dito
piteiro con suas entradas e seydas e con todos
seus dereitos e perteenças de foro de terça aa
capella de Santa Maria a Madre e livre e quite doutro enbargo,
assy que vos e toda vossa voz ajades el des aqui
endeante en jur derdade para por senpre e façades
dello livremente toda vossa voontade. Ca outorgo que soo ben
pagado de todo o preço que me por ello destes,
o qual a min e a vos aprouvo, conven a saber
noveenta mor. da moeda portuguesa de que
contan dez e seys pares de diñeiros novos por tres mor. Et
obrigo min e todos meus beens gaañdose por gaañar
para anparar vos e toda vossa voz senpre a
dereito con este piteiro de viña sobre dito,
et renunçio que nunca veña contra esto que
sobre dito e nen possa dizer o contrario dello en
nenhuna maneyra por min nen por
outre en juyso nen fora de juyso. Et quen quer
da myna parte ou da estraya que vos contra esta vendiçon
que vos eu de meu grado faço veer en parte ou en todo aia a
yra de deus e peyte aa vos del rey por nome de pena çinqoeenta
mor. de brancos da moeda del rey don Fernando e a vos
ou a vossa vos quanto vos demandar dobrado, e a dita
pena pagada ou non esta carta e vendiçon sobre
dita fique senpre firme valledeyra. Feyta a
carta en Ourense, viinte e sete dyas de mayo, era de mill e
tresentos e sesseenta e tres annos. Testemuyas que
presentes foron Johan Golpello de Çima de
Villa, Pero Eanes pixoteyro cuñado de Marina de Montes
morador na Pixotaria, Domingo Martines yrmao de
Johan mercador, todos moradores en Ourense.
Eu Lourenço
Dominguez notario jurado en Ourense
porlla egleia desse lugar foy presente a esto
que sobre dito he e fizeo escrivir en
miña presença e puge y meu nome e meu signal
en testemuyo de verdade.
(sinal)