GMH/ÍNDICE A-Z

251
1341, marzo, 9
requirimento

O cabido requírelle a Fernando Pérez, dito Rosete, que labre ben unha viña.

ACOu, Escrituras XIV, 20

Connuçuda cousa seia a todos que en presença de min Pero Lourenço notario |notario| publico polo bispo e pola igleia desse lugar e das tests. adeante escriptas Lopo Sanches procurador do dean e cabidoo da igleia d’Ourense disso frontando a Fernando Perez dicto Rosete que tiiña en Seixalvo yndo para Comyal huna leyra de vina que era foreira ao dicto cabidoo, a qual disia que pereçera por mingua de lavor e |de lavor e| de boon paramento, et que por esta razon o dicto cabidoo perdera moyto do seu dereito, et por ende disso e frontou ao dicto Fernando Rosete e amoostoo pela primeira, sigunda e terçeira vegada que reparasse e recobrase a dicta vina en boon paramento e pagasse ao dicto cabidoo os seus foros e seus dereitos ao dicto cabidoo que dela devyan a aver delo tenpo que a non lavrara a acó. Et se o assy fazer non quissesse que o dicto cabidoo reçeberia a dicta vina e faria dela toda sua voentade, protestando que salvo ficasse ao dicto cabidoo para demandar ao dito Fernando Perez a novydade que perdera da dicta vina pela mingua do dicto Fernando Perez. Et o dicto Fernando Perez disso que el non podia lavrar a dicta vina por quanto non lavravan as outras vinas que iazian a par dela. Et desto en commo passou o dicto Lopo Sanches pedío a min notario huun estromento. Et eu deylle ende este, que foy feyto en Ourense, ix dias de março, era de mill e ccclxxixº annos. Tests. Lourenço Rosete, Fernando Gonçalves notario e Fernando Perez raçoeiro da igleia d’Ourense.

Et eu Pero Lourenço notario sobre dicto que a esto que sobre dicto he presente foy e ho escrivy e meu nomme e meu signal y puge en testemuyo de verdade que tal e.

(sinal)