GMH/ÍNDICE A-Z

344
1359, maio, 7
foro

Os clérigos do coro afóranlles a unha voz a Xoán Pérez e á súa muller, Dominga Pérez, moradores en Seixalbo, as viñas, herdamentos e casas que lles mandara Gonzalo Iáñez, clérigo de Noalla, por 20 libras.

Segue o inicio da copia do foro e outros apuntamentos posteriores.

ACOu, Clérigos do Coro, 98

Sabean quantos esta carta viren que nos Garçia Anes e Lourenço Fernandes procuradores da unyversidade dos clerigos da igleia d’Ourense por consintimento e outorgamento dos ditos clerigos do dito coro da dita igleia d’Ourense cujos procuradores somos, damos e outorgamos a foro a vos Johan Peres morador en Seyxalvo e a vossa moller Dominga Peres e a huna voz qual nomear o pustrimeiro de vos, et se non for nomeada que seia voz aquel ou aquela que herdar os seus beens de dereito, todalas vinas e herdamentos e casas e arvores que estam em termio de Seyxalvo que Gonçalvo Eanes clerigo de Noalla mandou em seu testamento aos clerigos do dito coro e unyversidade. Afforamos vos os ditos herdamentos e vinas e casas e arvores e cousas sobre ditas por tal condiçon que chantedes e entrechantedes de vina nas ditas vinas e herdamentos hu lles conprir et as lavredes e paredes bem em maneira que non defalescan por mingoa de lavor e de boon paramento, et façades delas aos señorios aqueles foros e dereitos que por elas ham daver e paguedes alguuns encarregos e dereitos se os ouveren e dizimo a deus et dedes ende de foro vos e a dita vossa moller e a dita voz cada anno por dia de Çiissa viinte libras de diñeiros brancos ao que pelo tenpo for moordomo dos ditos clerigos, et os aiades livres e quites de todo outro enbargo, et obligamos os beens da dita unyversidade para vos anparar e defender a dereito con os ditos herdamentos e vinas e cousas sobre ditas que vos afforamos enno dito tenpo, salvo que he posto que se vos alguun vençer de nos por dereito que non seiamos tiudos a vos deffender con elles. Et eu o dito Johan Peres por min e pola dita myña moller que non he presente e pola dita voz assy reçebo de vos os ditos Garçia Anes e Lourenço Fernandes as ditas vinas e herdamentos e cousas sobre ditas que me afforades commo sobre dito he, et para lavrar e parar bem e pagar cada anno o dito foro ao dito termio e conprir e agardar as condiçoens sobre ditas e cada huna delas obligo todos meus beens gaañados e por gaañar. Et he posto que a parte que contra esto pasar e o non quiser conprir e agardar que peyte aa outra parte que en elo quiser estar e o quiser conprir e agardar por nome de pena cem mrs. et a dita pena pagada ou non esta carta e afforamento sobre dito fique firme e valla no dito tenpo. Feita a carta em Ourense, sete dias de mayo, era de mill e trezentos e noveenta e sete annos. Testemunyas Fernan Ares coengo d’Ourense, Affonso Peres seu ome, Johan Garçia porteiro do cabidoo, Pero Lourenço notario, Garçia Rodrigues clerigo.

Et eu Nuno Eanes notario publico d’Ourense polo bispo e pola igleia desse lugar que a esto presente foy e o escripvyn e meu nome e signal y puge en testemunyo de verdade que tal he.

(sinal)

Sabean quantos esta carta viren que nos Garçia Anes e Lourenço Fernandes procuradores da unyversidade dos clerigos da igleia d’Ourense por consintimento e outorgamento dos ditos clerigos do dito coro da dita igleia d’Ourense cujos procuradores somos, damos e outorgamos a foro a vos Johan Peres morador en Seyxalvo e a vosa moller Dominga Peres e a huna vos qual nomear o pustrimeiro de vos, et se non nomeada que seia voz aquel ou aquela que herdar os seus beens de dereito, todalas ...

Enno anno da era de mill e quatrocentos e oyto annos, viinte e vi dias do mes dagosto.

Iten entregou Per’Eanes xx çestos. Iten entregou Johan Afonso. Iten entregou abade xx.

[reverso] Tareixa Gata dcvi .- por cccviº .-

Tareixa M...ssa cclxxxº ... por cxxxº .-

Iten Moor Gonçalves ... por lxxx .-

Maria Lourença xcxxxv .- por quinentas facas.

Maria Ares mill cxxxviiº .- por dxxxvii