GMH/ÍNDICE A-Z

772
1377, xuño, 18. Vilar de Ortelle
Afonso Ferreiro véndelle ao bispo e á igrexa de Lugo unha leira de viña na Palleira, freguesía de Santiago de Vilar de Ortelle, por 70 marabedís.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 95v-96r.

Sabeam todos commo eu Afonso Ferreiro, morador en Vilar d’Ortelle enno lugar de Valboa, vendo a vos o moyto onrrado padre et sennor dom frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la gracia de Deus et de santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, et a a dita vosa iglesia para senpre por iur d’erdade, huna leyra de vinna que ias a a Palleira sub signo de Santiago de Vilar d’Oortelle, entre huna leyra de Iohan Bereca et outra leyra de Affonso, seu ienrro; et ias iuntada con outra leyra que vos eu, o dito Afonso Ferreiro, vendi; a qual leyra vos vendo con suas pertenenças et dereyturas et entradas et seydas que lle perteeçen et perteeçer deven, et reçebo de vos en preço por esta vençon seteenta maravedis desta moneda usual, a des dineiros o maravedi, de que me outorgo por entrego et ben pagado, et renunçio a exçepçon do aver non contado nen reçebido, et obligo meus bees de vos-la faser de pas a todo tempo; et logo por esta carta vos ponno enno iur et possisson et propiedade da dita leyra con suas pertenenças, et tiro ende a min. Et se eu d’aqui adeante dela, ou outro por min, usar connosco que a uso por vos et en voso nome precario.

Feyta a carta en Vilar d’Oortelle, des et oyto dias de iunyo, era de mill et quatrosentos et quinse annos.

Testemoyas que foron presentes: Rodrigo Eanes de Burela; Pedro Afonso de Sande; Pedro Ferrnandes, notario de Castroverde, et outros.

Et eu Iohan Arias, notario publico de Lugo et dos coutos da iglesia dese lugar, a esto que dito he fuy presente, et esta carta escrivi et puge en ela meu signal en testemoyo de verdade. Iohan Arias notario.