GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

217
1334, febreiro, 27
venda

María Ares véndelles a Pedro Fernández, cirurxián, e á súa muller, Maior Iáñez, unha viña en Pazos de San Clodio por 20 libras.

ACOu, Clérigos do Coro, 111

Sabean quantos esta cara viren como Maria Ares moradeira en Paaços de San Croyo, por min e por toda miña vos vendo e logo por esta carta entrego a vos Pero Fernandez solorgian e a vossa moller Moor Eanes moradores en Ourense aa cruz do Çenteo e a toda vossa voz para senpre huna leyra de viña que eu ey na friguisia de Sam Croyo de Paaços entre Rugidoyro e Tordiçes, a qual iaz entre a carreyra que vay para Rogidoyro da huna parte (...) e fer en (outra) vossa e en fondo entesta na de Maria Meendez de Çerracoens. Vendovos a dita leyra con sas entradas e seydas e con sas perteenças de dezimo a deus livre e quite doutro enbargo, assy que vos e toda vossa voz aiades ela des aqui endeante en jur derdade para senpre e façades dela toda vossa voontade livremente. Ca outorgo que reçebi de vos conpridamente todo o preço que a min e a vos aprouvo de me dardes por ela, conven a saber viinte libras de moeda portuguesa de que contan quareenta par de diñeiros novos por tres libras, et outorgome delas por ben pagada, ca me destes todas en presença do notario e tests. subscriptas. Et obligo min e todos meus beens gaañados e por gaañar a deffender vos e toda vossa voz senpre a dereito con a dita leyra, e quen quer da miña parte ou da estraya que contra esta carta que vos eu mando faser de meu grado veer en parte ou en todo aia a yra de deus e peyte aa voz del rey por nome de pena viinte mor. e a vos ou a vossa voz outros tantos et esta carta e vendiçon sobre dita fique senpre firme. Esto foy en Ourense, viinte e ssete dias de fevereiro, era de mill e trezentos e seteenta e dous annos. Testemuyas que a esto forom presentes Maçia Mourim e Johan Martinez carniçeiros dos Brancos e Pero Eanes dito Nateyro çapateiro da rua dos Çapateiros e Lourenço Domingues e Johan Affonso escrivaens moradores en Ourensse.

Eu Lourenço Domingues notario publico da çidade d’Ourense porlla egleia desse lugar foy presente a esto que sobre dito he e fizeo escrivir en miña presença e puge y meu nome e meu signal en testemuyo de verdade que tal he.

(sinal)