GMH/ÍNDICE A-Z

178
1329, febreiro, 3
venda

Tareixa Aras, filla de Aras Pérez de Costenla, véndelle a Aldonza Rodríguez, filla do cabaleiro Roi Sabadelle, a metade dunha leira de terreo sobre o camiño que vai do Pumar para Medellas, por 14 libras portugueses.

ACOu, Escrituras X, 39

Sabeam quantos esta carta virem que eu Tereyia Aras, filla de Aras Perez de Costeenlla, vendo e por esta carta entrego a vos Aldonça Rodriguez, filla de Ruy Sabadelle cavalleyro que foy desse lugar e a toda vossa voz para senpre, a meadade duna leyra de terreo que está a sobrello camiño publico que vay do Pumar para Medellas, a qual leyra Pero Eanes de Cas d’Alvyto deu a min e a myna voz en canbeo pola erdade que lle canbeamos en a Fonte do Mato. Vendo la de foro de sesta e dizimo a deus e livre doutro enbargo por prezo nomeado, conven a saber qatorze libras de portuguesses contados quareenta par de diñeiros noves por tres libras, et outorgo deffender vos e vossa voz dereito com esta vendiçon por todos meus beens, et quem quer da mya parte quer da estraya que vos contra esto passar aia a yra de deus poderosso e peyte de pena aa voz do arçibispo xx mor. e esta carta fique firme. Feyta a carta a par da igleia de Sabadelle, tres dias de fevereyro, era de mill e ccctos e lxvii annos. Testemuyas que a esto presentes foron Johan Fernandez de Lagoços, Johan Lagoços omme de Ruy Sabadelle, Pero Eanes e Lourenço Rodriguez ommees de Ruy Martinez prelado da igleia de Sabadelle.

Et eu Tome Anes notario en terra de Aguiar en lugar de Affonsso Eanes notario dessa meesma terra pola igleia de Santiago que presente foy a esto e o escrivi e meu signal y puge.

(sinal)