39
1417, abril, 19.
O Concello ordena pagar 150 maravedís ó crego Juan Boado, polo seu salario anual de arma-lo reloxio.
O día 24 confesa ter recibido a cantidade.
O Concello ordena que as persoas que foran peñoradas por razón do repartimento deste ano na alcabala do viño, pagasen as cantidades debidas no prazo de tres días e, en caso contrario, as garantías serán vendidas.
Dez et nove dias do mes de abril. Sabean todos que seendo juntados en consistorio enno sobrado da notaria de min Rui Martines, notario, Fernand Ares Xarpa et Pero Yanes Abraldes alcalles da çidade de Santiago et Martin Serpe et Fernan Gonçalves do Preguntoiro, Afonso Fernandes Abril, Johan Aras da Cana, Martin Galos, omes bõos jurados enna dita çidade et en presença de min o ditto Rui Martines, notario et das testemoyas adeante scriptas, logo enton os ditos alcalles et regidores diseron que mandavan et mandaron a Gil Perez, procurador do conçello da dita çidade que presente estava que de quaesquer moravedi que por lo dito conçello recabdara ou avia de recabdar que dese et pagase ende a Juan de Voado, clerigo çento et çinquoeenta maravedis, contando branca a tres dineiros que o dito conçello lle avia de dar en cada hũu anno por seu salario de armar o relogio que //
(Fol. 17 vº)
el avia de aver do dito seu selario este anno corrente et que lle mandavan que tomase carta de pago do dito Juan de Voado et con ela et con ese mandado lle seerian reçebidos en conta os ditos çento et çinquoeenta moravedis. Testemoyas que a esto foron presentes Vaasco Perez Abril et Gonçalvo de Covas et Bernald Yanes do Camiño veciños et moradores enna dita çidade.
Predito. Os ditos alcalles et regidores mandaron que todas las personas que foran peñoradas por rason do repartimento et dos moravedis que lles foran repartidos este anno enna alcavala do vyño da toma que noso señor o arçobispo fezera enna dita renda que d’oje a tercer dia quitasen todas las prendas que por la dita rason lles foran peñoradas et non nas quitanto ao dito termino que mandavan a os fiẽes da dita alcavala do viño que fezesen vender segundo costume da dita çidade todas las prendas que por la dita rason lles peñoraran. Et que as taes personas a quen as ditas prendas fosen vendidas por la dita rason que as non podesen despois demandar a os ditos fiẽes nen a algũo deles. Et deste mandado que os ditos alcalles et regidores feseran Vaasco Perez Abril, que presente esta por sy et en nome dos outros fiẽes que con el foron postos enna dita renda pedeu a min o dito notario que llo dese asi signajdo para gardar do seu dereito. Testemoyas que a esto foron presentes Bernald Yanes do Camiño et Gil Peres, procuradores do dito conçello et Gonçalvo de Covas, mercador et outros.