GMH/ÍNDICE A-Z

85

1418, xuño, 11.
Inés Fernández, muller que foi do servente do Concello, Juan d’Oural, recoñece ter recibido os 90 maravedís do salario de 1417.

Onse dias de junio. Sabean todos que eu Ignes Fernandes, moller de Juan D’Oural, servente que foy do conçello da çidade de Santiago, outorgo e connosco que reçebi de vos Pero Leiteiro, procurador do conçello da dita çidade noventa maravedis, branquas en tres dineiros que ao dito seu marido eran devidos de seu vistuario e selario do anno pasado de mill e CCCCXVII annos e se fiinçeu o primeiro dia do mes de janeiro pasado en este anno da feyta desta carta e renunçio a ley etc. Testemoyas, Pero Niño, notario del rey e Afonso Peres, scrivan, Gomes d’Ordẽes, visiños da dita çidade.