GMH/ÍNDICE A-Z

96

1348, maio, 5. Vilamaior-Mondoñedo.
Escritura de foro outorgada polo bispo don Afonso Sánchez (1347-1366) e o Cabido do castelo e terreos de Miranda e do celeiro de Silva a favor de Xoán Fernández de Bolaño e a súa dona Constanza.
A, perg., partido por A.B.C, do que colgan aínda catro cordóns de cor escura dos selos pendentes, de 325 x 525 mm. Letra semigótica moi pequena.

En nome de Deus. Amen. Saban quantos esta carta virem que lues çinco dias de mayo Era de mill et ccclxxxvi annos que foy o terçeyro et derradeyro tratado et cabidoo para estas cousas que se adeante seguen seendo ja passados ante deste tratado o primeyro cabidoo et tratado que sobresto foy feyto des dias / deste mes de março que agora passou da Era sobredita et o segundo que foy çeclebrado eyre diomingo que foron quatro dias deste mes de mayo sobredito et todo en presença de min Johan Deus raçoeyro et notario publico da iglesia de Mendonnedo et testemoyas subscriptas en Villamayor enno alpendre das casas do bispo aa sayda / da prima seendo juntados en cabidoo por canpaa taniuda commo he de costume o honrrdo padre et sennor don Afonso por la graça de Deus et da sancta iglesia de Roma bispo de Mendonnedo don Ruy Sanches deam et o cabidoo da dita iglesia o dito sennor bispo o deam et os que enno dito cabidoo con el eran presentes / cada hun singularmente et logo todos en geeral requeridos por lo juramento que todos et cada hun deles he teudo de agardar para faser et procurar a prol et onrra da dita iglesia et esquiuar o seu danno considerando todos et catando a prol et seruiço de Deus et do bispo et da dita sua iglesia de Mendonnedo et concordantes en hun proposito todos / et a huna voz entendendo que era prol et seruiço de Deus et do dito bispo et da dita sua iglesia fesseron enprasamento con Johan Fernandes de Bolanno et con donna Costança sua muller et deronlles o castello et terra de Miranda con los dereytos herdades jures et pertenenças que perteeçen et perteeçer deuen aa terreria de Miranda et o / çeleyro de Santiago de Silua outrosy con los dereytos jures et pertenças que perteeçen et perteeçer deuen ao dito çeleyro conpridamente segundo se sol vsar por los rendeyros que y ata aqui andaron por lo bispo et iglesia de Mendonnedo saluo que fica ao bispo de poer y juyses et notarios quando queser et cada que queser et a sua vianda et os outros dereytos que non perteeçen aas ditas terrerias / ennos ditos lugares que o teuesen da dita iglesia de Mendonnedo et por la dita iglesia por en todos seus dias et de hun seu neto fillo d-Aras Meendes de Grandas et de donna Sancha sua muller qual o dito Johan Fernandes nomear en seu testamento et que seia espeçialmente o que leyxar herdeyro en Bolanno enna mayor parte de seus bees et depoys / da morte de todos tres que o dito castello et terra de Miranda et o dito çeleyro de Santiago de Silva con la herdade vinna paaço et lagar que os ditos Johan Fernandes et donna Costança sua muller conpraron de Fernan Sasido enna fygresia de San Pedro de Viueyro con todos seus dereytos entradas et saydas jures et pertenenças segundo que os eles conpraron et por las / diuisoes et depertenças et condiçoes que lles foron vendidas et con todos los boos paramentos que y esteueren feytos assi enno dito castello terra de Miranda et çeleyro de Santiago de Silua commo enna dita herdade vinna paaço et lagar fiquen liures quitos et desenbargados ao dito bispo et iglesia de Mendonnedo dos ditos / Johan Fernandes et sua muller et do dito seu neto et de todas suas voses. Et por estas condiçoes conuen a saber que o dito Johan Fernandes faça menage por lo dito castello ao dito bispo et que o colla et reçeba yrado(?) et pagado enno dito castello enno alto et enno bayxo del et aos seus suçessores et a seu vigaro ou / vigaros ou a vigaros en concordia vagando a iglesia en pero a seu saluo et en maneyra que non seia del desapoderado et faser del guerra et pas por lo bispo et iglesia de Mendonnedo et seerlle obediente en todas las cousas et seruir o dito bispo et a dita sua iglesia ben et fielmente et faser et procurar et agardar todas las cousas / que entender que seran prol onrra et seruiço del et da dita iglesia et desuiar et esquiuar as outras que souber et entender que fan seu danno et seu deseruiço en quanto seu poder for et de non yr en tenpo que seia contra eles nen contra outro algun da dita iglesia de Mendonnedo mays seer senpre enna ajuda prol onrra et seruiço et defen/demento deles et da dita iglesia cada que for chamado con rason et sen miliça contra todos los hommes do mundo saluo contra seu sennor el Rey ou outro algun sennor se o dito Johan Fernandes for seu vassalo ao qual el non debe ajudar por sy nen por outro da sua parte contra o dito bispo e iglesia de Mendonnedo nen contra o dito cabidoo / nen yr contra eles en maneyra que seia. Item que este Johan Fernandes non mande o dito castello et terra de Miranda et çeleyro de Santiago de Silua nen a dita herdade vinna paaço et lagar a outro seu neto soluo ao que leyxar herdeyro en Bolanno enna mayor parte do que y ouuer commo dito he et que este seu neto seia / vassalo do bispo et da iglesia de Mendonnedo et faça menage et juramento et agarde todas las condiçoes conteudas en este estrumento et que o dito Johan Fernandes he teudo de agardar et que seia dos fillos d-Aras Meendes de Grandas que fuy et de donna Sancha sua muller segundo que ja ençima he conteudo. Item que o dito Johan Fernandes non de o dito castello a outro algun que o del tenna saluo a homme fillodalgo et que o de por vassalo ao bispo et aa iglesia de Mendonnedo ante que lle o dito castello de et que lle faça menage que reçeba o dito bispo et que faça del guerra et pas por lo bispo et por la iglesia de Mendonnedo commo dito he et quano acaeçer et Deus quiser / faser su vontade deste Johan Fernandes et de donna Costança sua muller que o dito casteleyro non reçeba o dito seu neto enno dito castello ata que este seu neto venna tornarse vassalo do bispo et da iglesia de Mendonnedo et faser menage et juramento ao bispo ou esleyto confirmado se o enton ouuer enna dita iglesia de Mendonnedo ou a / vigaro ou vigaros do dito bispo ou eslleyto ou a vigaro ou vigaros feytos en concordia vagando a dita iglesia que agarde estas ditas condiçoes et que a sua morte o leyxe liure quito et desenbargado con lo dito çeleyro de Santiago de Silua et con la dita vinna paaço et lagar sobreditos et con todos os boos paramentos que y esteueren / feytos en todos estes lugares ao bispo et iglesia de Mendonnedo. Item que este dito Johan Fernandes et donna Costança ou o dito seu neto a quen el leyxar o dito castello terra et çeleyro vinna paaço et lagar sobreditos faça enno dito castello hun corpo boo de casa de dous sobrados ou de tres segundo que conprir et que os ditos Johan Fernandes / et donna Costança den logo a dita herdade vinna paaço et lagar et herdamentos deles por las diuisoes et depertenças sobreditas que as eles conpraron ao dito bispo et iglesia de Mendonnedo et os metan enno jur et possesson deles et que os ditos Johan Fernandes donna Costança sua muller et o dito seu neto seian deles seus teedores et por renda et / recognoscemento da possesson da dita vinna paaço et lagar et das herdades en que están que den os ditos Johan Fernandes donna Costança et o dito seu neto que ficar en seu lugar en cada hun anno ao dito bispo et iglesia de Mendonnedo hun tonel de vinno. Item se el Rey ou seu fillo infante herdeyro chegar ao dito Castello et / queser en el entrar que o reçeban et collan asy commo a sennor natural et por esto que sea sua menage quita. Outrosy se o endeantado del Rey çercase este dito castello que o dito bispo et iglesia de Mendonnedo seia teudo de acorrer ao dito castello ou de o liurar por seu sennor et Rey et non no fasendo asy que a sua / menage do dito Johan Fernandes et daquelles que o por el teueren seia quita saluo seendo çercado por alguas malfeytorias que el ou o dito seu neto fesessen ou se se fesessen do dito castello ou por outras cousas alguas que fossen sua culpa deles por quen fosse çercado. Et se por ventura acaeçer que os fillos / dos ditos Aras Meendes et de donna Sancha finaren ante que estos ditos Johan Fernandes et donna Costança sua muller que o dito Johan Fernandes possa leyxar o dito castello et terra et çeleyro de Santiago de Silua et vinna paaço et lagar ao que el leyxar seu herdeyro enna mayor parte dos seus bees por la condiçoes et maneyras que ençima son conteu/das et que esto mismo possa faser a dita donna Costança morrendo o dito Johan Fernandes ante dela. Et os ditos Johan Fernandes et donna Costança anbos en hun et cada hun por nome de sy et do dito seu neto que presentes estauan enno dito cabidoo outorgaron todas estas cousas et condiçoes sobreditas segundo que ençima mays / conpridamente son conteudas. Et para o teer et conprir asy en todo obligaron sy et todos seus bees moueles et rayses asy guanados como por guanar et demays feseron juramento aos sanctos euangelios tannidos corporalmente con suas maos para o teer et conprir asy en todo. Et deron logo et feseron doaçon das ditas herdades da dita / vinna paaço et largar que en elas estan et da possesson delas ao dito bispo et iglesia de Mendonnedo et renunçiaron toda exçepçon et exçepçoes et lees scriptas et non escriptas que por sy podessen auer en qualquer maneyra para senpre et de se non charmaren a elas en ningun tenpo su a penna do dito juramento et obligaçon dos ditos seus bees. Et / demays o dito Johan Fernandes de Bolanno commo homme fillodalgo feso menage enna mao de Fernan Peres de Çepeda por lo dito castello asy commo fase fidalgo a fidalgo segundo as condiçoes sobreditas. Et logo Fernan Gonçalues de Miranda casteleyro que agora he do dito castello que presente estaua et por mandado do dito bispo feso menage ao dito Johan Fernandes de Bolanno que lle entregasse odito castello. Et o dito bispo por nome de sy et da dita sua iglesia quitou ao dito Fernan Gonçalues o menagen que por lo dito castello tinna feyta seendo o dito Johan Fernandes entrego enno dito castello \ et reçebeu a dita doaçon/. Et de todas etas cousas que aqui son conteudas et de cada hua delas os ditos sennor bispo deam / et cabidoo Johan Fernandes et donna Costança que enno dito cabidoo presentes estauan mandaron a min Johan Deus raçoeyro et notario sobredito que fesesse dous escriptos en hun tenor anbos partidos por alphabetum o hun para o dito sennor bispo et para sua iglesia et o outro para os ditos Johan Fernandes et donna Costança et llos desse signados con meu signal. Et / por mayor çertedume mandaronlos seellar con seus seellos dos ditos sennor bispo deam et cabidoo et dos sobreditos Johan Fernandes et donna Costança sua muller. Testemoyas do dito cabidoo que presentes foron os ditos sennor bispo et o deam don Fernan de Deus chantre de Lugo don Ruy Fernandes thesoureyro Garçia Peres Gonçaluo Peres de Mososo Gonçaluo / Palla Beeyto Martines juys Aras Peres Afonso Yanes Diego Ramos Françisco Yanes coengos de Mendonnedo. Testemoyas que non son do dito cabidoo et que presentes estauan Diego Fernandes de Neyra Fernan Aras seu hirmao Lopo Lopes Diago Fernandes Pedro de Çepeda Johan Rodrigues Çaco Diego Sanches de Ribadeneyra Sancho Sanches caualleyro da orden de Santiago Aras Gonçalues de / Miranda et outros muytos. Et eu Johan Deus raçoeyro et notario publico sobredito da dita iglesia de Mendonnedo a todas estas cousas segundo que ençima son conteudas et enno dito cabidoo en hun con las ditas testemoyas presente fuy et estes escriptos anbos que son partidos por alphabetum et feytos en hun tenor por mandado do dito sennor bispo / deam et cabidoo Johan Fernandes et donna Costança con minna mao propia escriuy et en este escripto et enno outro et enno outro et en este subscriuy et puge meu signal acostumado que tal he en testemoyo de verdade. Feyto enno dia mes Era et lugar sobreditos et presentes as ditas testemoyas. Et non enpeesca o entrelino ue vay scripto en este escripto enna xxix regla hu dise “et resebeu dita doaçon” ca non foy senon por error de min dito notario Johan Deus. ( Signo, no que se le: Johanne S.).

(Reverso):
M. vii. n. 84. Emprasamento do castello et terra de Miranda o Johan Fernandes de Bolanno.