GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

469
1393, novembro, 27
foro

Xoán de Cambeo, clérigo do coro, afóralles a dúas voces a Xoán Iáñez, morador en Pousada (Ribela), e á súa muller, Aldonza Iáñez, unha herdade de monte por terza.

ACOu, Clérigos do Coro, 132

Sabean quantos esta carta viren que eu Iohan de Canbeo clerigo do coro da igleia d’Ourense por min e por miña vos, dou e outorgo a foro a vos Iohan Anes morador en Pousada, que he na friiguesia de San Jullaao de Ribela, que sodes presente et a vosa moller Aldonça Yanes que non he presente et a duas vozes apus morte do pustrimeiro de vos huna pus outra suçesive, huna herdade de monte a que chaman o Souto do Felgaredo que iaz na dita friigesia, et parte de huun cabo e doutro con outra herdade de Migueel Anes de Cas de Çide et eso meesmo entesta en çima e fere en fondo en outra herdade do dito Migueel Anes e en huun leiro do Baneal. Aforovos a dita herdade con todas suas entradas e seydas e con todos seus dereitos, perteensças con tal condiçon que a chantedes de viña o mais agina que poderdes et ela chantada que a lavredes e paredes ben en maneira que non desfalesca por mingoa de lavor e de boon paramento. Et dedes ende a min e a miña voz de foro cada anno en salvo a terça parte de todo o viño e conposta e das outras cousas que deus y der, a conposta na viña e o viño no lagar. Et a qual novidade colleredes por min ou por meu ome e proveerloedes de comer e de beber comunalmente en quanto eses frutos collerdes. Et seu disemo a deus et livre e quite doutro enbargo e encarrego alguun. Et aa morte de vos e de vosas vozes que a dita herdade e viña con todas suas boas paranças fique livre e quite e desenbargada a min ou a miña voz. Outrosi he posto que aja eu para min a terça parte de toda a madeira que ora y está. Et obligo todos meus beens para vos anparar e defender a dereito no dito tenpo con a dita herdade que vos aforo sigundo dito he. Et eu o dito Johan Anes que soon presente por min e por la dita miña moller que non he presente asi o outorgo. Et obligo todos meus beens para chantar de viña a dita herdade et para a lavrar e parar bem et para vos pagar de cada anno o dito foro de terça, et conprir e agardar as condiçoens desta carta e cada huna delas. Et qual quer de nos as partes que contra esto pasar e o non conprir e agardar que peyte aa outra parte que o conprir e agardar quiser por nomme de pena e de interese çen mrs. de boa moeda et aa vos del rey outros tantos, et a dita pena pagada ou non que esta carta e aforamento fique firme e valla no dito tenpo. Feita a carta en Ourense, viinte e sete dias de novenbro, anno do nasçemento de noso señor Ihesu Cristo de mill e trezentos e noveenta e tres annos. Tests. que foron presentes Afonso Anes reitor da igleia d’Amoeiro e Fernan de Levises morador en Velle e Lourenço Martines de Mugares e Roy Garçia escripvan omes de min notario e outros.

Et eu Afonsso Peres notario publico da çidade d’Ourense porla igleia desse lugar que a esto presente foi e esta carta que ende dey ao dito Johan de Canbeo en miña presença fis escripvir et meu nome e signal aqui fis em test. de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta do foro que feso Juan de Canbeo de huna herdade que está en Ribela.